Comunicado de apoio á manifestación a prol dos medios públicos

7 / 09 / 2018

A Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Músicas ao Vivo, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de Dramaturxia (Dramaturga) e a Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva) queremos expresar o noso apoio á manifestación convocada o sábado 8 de setembro polos comités de empresa de CRTVG e TVE-Galicia co fin de reivindicar e defender a pluralidade, veracidade e imparcialidade dos medios públicos e do cumprimento na súa totalidade da Lei 09/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia

Categoría: Novas
Etiquetas: