Novas

Comparecencia do Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, ante a Subcomisión Parlamentaria para a Elaboración do Estatuto do Artista

Onte o presidente da Academia pechou a ronda de comparecencias de creadores ante Subcomisión da Elaboración do Estatuto do Traballador da Cultura no Congreso. Aqui vos deixamos o texto íntegro. Comparecencia

20170607_MariaLuzMorales_01_Foto_Fran MartinezA Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións premian o labor de cinco novos investigadores galegos

A Academia Galega do Audiovisual entregou esta mañá na Deputación da Coruña os primeiros premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200

Arquivo de actividades

Coñece a

Academia

A Academia Galega do Audiovisual é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a máis de douscentos cincuenta creadores e profesionales do audiovisual galego (cine, multimedia, publicidade, televisión, vídeo). A Academia é o espacio común para un colectivo diverso con algo que os une: formar parte do audiovisual galego.

"A misión da Academia é a de fomentar o desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa ou indirectamente co audiovisual en Galicia, promovendo e defendendo a imaxe pública do conxunto dos profesionais do sector"

As portas da Academia están abertas para calquera profesional ou persoa interesada no noso audiovisual. Podes comunicarte connosco a través do Facebook, de Twitter ou do correo electrónico. Cantos máis sexamos máis forte, independente e plural será a Academia como lugar de encontro entre todas as persoas que formamos o sector.

Acceso socios Zona de acceso privado. Se queres pertencer á Academia Galega do Audiovisual, aquí explicámosche como facerte socia/o.

A nosa sede atópase no centro de A Coruña, na Casa do Real Consulado. É un edificio singular de finais do século VIII que foi sede do Real Consultado Marítimo e Terrestre e que hoxe alberga distintas institucións como a propia biblioteca do Consulado, a Real Academia de Belas Artes, a Academia de Xurisprudencia e Lexislación, a Academia Galega de Gastronomía e, desde o ano 2002, tamén a Academia Galega do Audiovisual.