O xurado do concurso de videoclips, formado polo xornalista Juan Fuentes, a escritora Iolanda Zúñiga, a xornalista Pilar Comesaña, Charly de Los Suaves, e a cantante e produtora Uxía Senlle, deu onte a coñecer o seu veredicto no transcurso da Noite V Clips no pub O Sótano do Porriño. Logo do visionado das 16 pezas a concurso anunciou que a súa escolla como mellor videoclip da edición 2013 é “Mundo en trance” do grupo Lemuripop e dirixido por Soledad Rebollo.
O xurado valorou especialmente da peza a súa estética e montaxe actual e destacou que “a linguaxe simbólica empregada é moi acorde co que transmite a letra da canción, conxugándose perfectamente imaxe e música”. Sinalou ademais sentirse moi identificado co mundo en trance que nos presenta e no que vivimos actualmente.
Lemuripop é o novo proxecto de German Coppini, no que tiran da electrónica xunto a Alex Brujas, para ofrecer unha viaxe a través do pop e da electrónica sen renunciar ao son dos 80. Cancións rabiosas, con pinceladas de lírica son a aposta desta formación que xa conta con dous traballos no seu haber.
Consultade a programación completa do venres e o sábado:
VENRES 24 DE MAIO
10.00h. Cans do futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios con directores e actores. No Baixo de Moncho
12.00h. A que andas?: Andrés Rosende (Sink Hole), Alberto Vázquez (Psiconautas), Quique Otero (Ningún Dios aquí arriba) e Jorge Coira (La luna en setiembre) avanzan detalles dos seus proxectos actuais. No Cuberto de Bugarín
16:00h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: “Dez Cans Dead”. No hórreo da Casa de Bugarín
16.30h. Fill@s de Cans: Funes de Quique Otero, Os Fenómenos de Alfonso Zarauza, Alén do Cosmos, de Rubén Pardiñas e Pedro Pablo Alonso, Your lost memories, de Alejandro Marzoa. No Baixo de Moncho
17.00h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: “Dez Cans Dead”. No hórreo da Casa de Bugarín
18.00h. Estrea do documental Toñito Blanco: só, perdido e vicioso. Coa presenza de Juanillo Esteban e Julián Hernández, protagonistas do documental, e mais o produtor, Xosé Zapata. No Baixo de Moncho
18.30h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: “Dez Cans Dead”. No hórreo da Casa de Bugarín
19.30h. Primeiro test: preestrea de Encallados, de Alfonso Zarauza. No Baixo de Moncho
21.30h. Procesión de chimpíns coa treboada Os da Fonte do Frade
21.45h. Inauguración da exposición de Luis Davila, O Bicheiro, con viñetas sobre Cans. No Cans Voulevar
Torreiro de Cans:
22.00h. NOITE DE ANIVERSARIO
Presentada por Keka Losada e Federico Pérez
Presentación dos xurados do festival
Estrea dos traballos de Can Campus: videoclips de Terbutalina e Os Vacalouras
Proxección e premios dos videoclips gañadores da noite V Clips
Presentación de Cans Proxecta
Entrega do premio á mellor obra da Can Parade
Proxección de Cans 2012: 10 – 1 = Cans. Making of resumo da novena edición do Festival de Cans
Proxección de “10 anos do festival de Cans”
Can Parade: presentación da figura gañadora
Entrega de premios do concurso de videoclips
Entrega dos Chimpíns de Prata á serie “Era visto!” e os veciños/as pioneiros/as.
Entrega do Premio de Honra Pedigree’2013 a Manuel Manquiña e colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas
23.30h. Concerto Jorge Ilegal y Los Magníficos
2.00h. Sesión DiscoChimpín con Javi Arizona Dj
Bar A Escola Vella (Cans):
3.30h. Cé Orquestra Pantasma
SÁBADO 25 DE MAIO
Cans (torreiro, salas, leiras e camiños):
9.00h. Ruta a pé: “Subida ao Castelo”. Saída desde a igrexa de Cans
10.00h. Pase matinal das curtas a concurso (bloques 1 e 2). Na Casa de Bugarín
10.00h. Festival de Douarnenez (Bretaña): selección de curtametraxes. No Jalpón Fri
10:00h. Webseries galegas. Na Sala Multiusos
11:00h. Proxección de POPArtesanal. Na Sala Multiusos
11.00h. Selección de traballos audiovisuais de Juanma Bajo Ulloa presentados polo director. No Jalpón Fri
12.00h. Coloquio na leira con Juanma Bajo Ulloa. Na leira de Alicia
13.15h. Juanma Bajo Ulloa coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
13.30h. Sesión vermú coa Banda de Música Unión de Guláns
13:30h. Documental “Toñito Blanco, só perdido e vicioso”. No Jalpón Fri
13:30h. Pase matinal das curtas a concurso (bloques 3 e 4). Casa de Bugarín
13:30h. Proxección de Migrations. Na Sala Multiusos
14:00h. Homenaxe a Rogelio Groba. No Torreiro de Cans
15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes
16.00h. Miradas de Cans: Kiko da Silva + toma o relevo Pepe Solla. Na Sala Multiusos
16.00h. Xavier Villaverde coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
16.30h. Inicio do das proxeccións da sección oficial
16.30h. Proxección de POPArtesanal. Na Sala Multiusos
16.30h. Festival de Douarnenez (Bretaña): selección de curtametraxes. No Jalpón Fri
16.30h. Actuación de Grampoder. No Cans Voulevar
17.30h. Actuación de Fon Román. No Jaliñeiro Unplugged
18.00h. Webseries galegas. Na Sala Multiusos
18.00h. Selección “Cans visibles”: curtas LGTB made in Galicia. No Jalpón Fri
18.30h. Actuación de Óscar Avendaño. No Cans Voulevar
19.00h. Actuación de Lobishome. No Jaliñeiro Unplugged
19.30h. Concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos. No Torreiro de Cans
20.30h. Reinicio das proxeccións da sección oficial
20.30h. A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos. Coloquio con membros do filme. No Jalpón Fri
21.00h. Proxección de Migrations. Na Sala Multiusos
21:30h. Actuación de Cristina Pato. No Jaliñeiro Unplugged
22.00h. Actuación de Radio Cos. No Cans Voulevar
22.00h. El quid: estrea dos catro primeiros capítulos. Na Sala Multiusos
23.00h. Entrega de premios
0.00h. Concerto de El Gran Wyoming y los Insolventes + invitados
1.30h. Disco chimpín. Dj Silvia Superstar
Bar A Escola Vella (Cans):
3.30h. Sesión DiscoChimpín con Dj Constan Chao