XORNADA DE MARKETING E COMERCIALIZACIÓN AUDIOVISUAL ORGANIZADA POR AGAPI

2 / 10 / 2012

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebrará o vindeiro día 16 de outubro unha xornada dedicada ó Marketing e a Comercialización Audiovisual. Baixo o título “Un futuro que xa é presenta” abordaranse temas como a estrea simultánea ou as novas formas de monetizar contidos.

Esta xornada está subvencionada polo AGADIC (Axencia Galega Das Industrias Culturais) e conta co apoio de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales) e da USC (Universidade de Santiago de Compostela).

O acto levarase a cabo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela en horario de 10 a 14h. Contará con un programa moi completo e con poñentes de alto nivel.

A primeira das mesas redondas que ten por título É rentable o gratuíto? Novas formas de monetizar contidos estará composta por César González, CEO de Contact Comunicación e  Lolo Rey, especialista en Marketing Online. Estará moderada por Pancho Casal, Administrador xeral de Continental Producciones.

A segunda das mesas abordará o tema da estrea simultánea e contará con Alfonso Martínez, Responsable de contidos e marketing audiovisual de R; Juan Alía, Director de filmotech.com e de Plataformas VEO e Juan Carlos Tous, Socio fundador de Cameo e Filmin. Estárá moderada por Zaza Ceballos, Directora de Zenit TV.

A entrada á xornada será gratuíta. Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico: prensa@agapi.org antes do vindeiro 12 de outubro.

Categoría: Novas
Etiquetas: