Europa Creativa é o novo programa de financiamento da UE para o período 2014-2020 destinado a impulsar todos os sectores das industrias culturais e creativas. Será o programa que lles preste apoio aos profesionais europeos que traballan nos diferentes ámbitos da cultura e dos sectores afíns. Entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro de 2014.
Esta xornada que terá lugar o venres 17 de xaneiro de 9.30 a 14h na Cidade da Cultura en Compostela, está orientada a todos os perfís profesionais do sector cultural, empresas, organismos e entidades tanto públicas como privadas -administracións públicas, fundacións, asociacións, empresas, consultoras e produtoras culturais- que estean interesadas en coñecer o novo marco de financiamento europeo.
O obxectivo das xornadas é ofrecer información específica sobre as características do programa e as súas liñas de subvención.
Programa:
09.30 h Rexistro dos participantes
10.00 h Acto de apertura
10.15 h Programa Europa Creativa 2014-2020, Subprograma Cultura
Augusto Paramio
Responsable do Punto de Contacto Cultural,
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
11.30 h Servizo de información europea da Secretaría Xeral de Cultura
Mar Nogueira
Técnica de Asuntos Culturais Europeos
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
12.00 h Pausa
12.30 h Mesa redonda sobre boas prácticas na cooperación cultural europea
Eva Mejuto
OQO Editora
Xulio Gómez
European Acoustic Heritage
Irene García García
Xosé A. Neira Cruz
Proxecto campUSCulturae
14.00 h Clausura
A inscrición é gratuíta ata completar o auditorio. Envíe a cultura.galicia.europa@xunta.es os seus datos:
· Apelidos e nome
· DNI
· Profesión
· Entidade
· Teléfono
· Enderezo electrónico
Recibirá confirmación da inscrición a través do seu enderezo electrónico.
Máis información en: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/europa-creativa