A curta producida por Ficción Producciones gañou o MVD 2010 celebrado do 15 ao 26 de setembro en Madrid e Leganés, organizado por Dous Tercios e Lince Comunicación.
O xurado formado polo director e guionista Manuel Estudillo, o montador de HD e realizador Iván Pleite, Alain Lefebvre, corrodinador do Máster de Cinematografía Dixital da ECAM, e o produtor e guionista Carlos Medina déronlle o premio ao mellor traballo, consistente en catro xornadas de gravación HD e catro de edición non lineal para unha nova obra.
O premio do público o compartiro ex – aequo “Cuestión de Huevos” de Luis Fernández-Jardón e “Pasionaria”, de Leonor Bruna.