X NADA E CHECKOUT, SELECCIONADAS PARA OS FESTIVAIS DE CURTAMETRAXES DE HAYAH EN PANAMÁ, E IV ISLANTILLA CINEFÓRUM EN HUELVA

28 / 06 / 2011

As curtametraxes producidas por Ficción Producciones, X Nada e Checkout, foron seleccionados para o V Festival de Curtametraxes de Hayah en Panamá, que se celebra do 3 ao 7 de agosto, e para o IV Festival Islantilla Cinefórum, que ocupará nesta Comunidade de Huelva os meses de xullo e agosto, respectivamente. Neste caso, Checkout, será proxectada na sección paralela fóra de concurso, ‘Cortoon’, de curtametraxes de animación, dentro do IV Festival Internacional de Cine Bajo la Luna.

 

X NADA (V Festival de Curtametraxes de Hayah)

 

Dani da Torre e Toni Veiga son os directores desta curtametraxe de 14 minutos, guionizada por Toni Veiga e Manolo Dios. Foi rodada en Santiago de Compostela, e os seus actores protagonistas foron Carlos Fernández e Miguel García. A historia está baseada en feitos reais e inspirada no texto ‘Matar por diversión’, de Diego Bagnera, para XL Semanal.

X NADA recibiu xa distintos premios, como o do Público no Festival de Viladecáns, Premio do Público no Festival Cidade de Astorga, o Gran Premio Galicia de Curtocircuíto 2009, e o Premio ao Mellor Guion en Outubro en Curto, en 2009.

A historia cóntanos como Roi e os seus colegas practican un xogo moi especial, unha forma de divertirse peculiar e bastante violenta. Este macabro xogo uniraos para sempre a Dani, que tivo a mala sorte de estar no momento e lugar inadecuados.


CHECKOUT (IV Festival Islantilla Cinefórum)

Iker García e Salvador Rubio foron os directores desta curtametraxe de animación de algo máis de 7 minutos de duración, producida por Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos, e guionizada por Salvador Rubio.


Checkout cóntanos unha historia situada nun marco cotián: un supermercado, pouco antes de pechar. Un mozo descoidado, necesita pasar por caixa. Unha irritable caixeira, tola por marchar a casa. Un estrito supervisor en busca de alguén a quen despedir. Un enorme garda de seguridade ao bordo dun ataque de nervios. Dous minutos para o peche… e, a pesar de todo, incriblemente, pode xurdir o amor.


Categoría: Novas
Etiquetas: