VOTA A CURTAMETRAXE DE JORGE MORAIS DENTRO DO CERTAME DIXITAL DE FLORENCIA, DIGIFESTIVAL.NET

3 / 09 / 2009

A curtametraxe “O Pintor de Ceos” de Jorge Morais Valle,  está entre os seis finalistas do festival DigiFestival.net en Florencia, Italia, tras deixar atrás diversas rondas de preseleccións de entre máis de 300 curtas de animación presentadas a este evento. O seguinte paso para Morais é gañar o galardón que se outorgará no mes de decembro na mesma cidade italiana. Para iso, “O Pintor de Ceos” deberá ser o primeiro dunha votación que se está a facer en Internet.

 
Jorge Morais é o único español nomeado no certame e necesita os votos de todos aqueles que gusten de darlle o seu voto. Para facelo tan só teñen que facer o seguinte:

 

1-     entrar en: http://www.digifestival.net/2009/animation.php

 

2-     clickar sobre a película O Pintor de Ceos (a 3ª que aparece desde arriba)

 

 

3-     clickar en Play movie, e abaixo de todo aparece o voto que se lle quere dar  “Rate this Film:  Best (la mejor), Good (buena), Ok (válida), Poor (pobre)”.  

 

É o momento de apoiar ás novas promesas do audiovisual galego. 

Categoría: Novas
Etiquetas: