O Pazo da Cultura de Narón acolleu o 15 de abril a gran festa do audiovisual galego que cada ano se celebra con motivo da entrega dos Premios Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual en recoñecemento aos profesionais e producións audiovisuais do país. Como vén sendo habitual, nesta oitava edición reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector.
A velada comezou coa benvida do presentador Xosé Antón Touriñán, quen sinalou os motivos de celebración do audiovisual galego neste 2010, entre os que destacou o aniversario dos vintecinco anos da Televisión de Galicia. A noite estivo salpicada de alusións á actualidade galega en clave de humor, dende a crise económica ata o Xacobeo. O propio Touriñán ironizou sobre a súa fichaxe como conductor do evento e vinculouno ao precario contexto económico. Xosé Ramón Gayoso participou como copresentador da cerimonia, primeiro intervindo dun xeito virtual a través dunha gran pantalla e aportando a voz en off que deu continuidade á velada, e máis tarde xa coa súa presencia real no escenario. Este ano a gala foi dirixida por Andrés Mahía, coautor do guión xunto con Xosé Castro “Pato”, e foi retransmitida en Prime Time pola TVG. Repartíronse en total vintesete estuíñas, cada unha delas en representación dunha categoría dos Premios Mestre Mateo, ademais do Premio de Honra Fernando Rey.
O evento tivo como patrocinadores á Secretaria Xeral de Medios e á Consellería de Cultura e Turismo (Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultural) da Xunta de Galicia, á Deputación da Coruña, ao Concello de Narón, ao Padroado de Cultura de Narón, ao Pazo da Cultura de Narón e á TVG. Así memos, colaboran AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), SGAE (Sociedad General de Autores y Editores) e Gadisa.
Semana do Audiovisual Galego |
Patrocinadores
{loadposition patro_mm09}
VIII Gala Premios Mestre Mateo
{morfeo 37}