A curta galega “Bukkake”, protagonizada por David Perdomo e Estíbaliz Veiga e dirixida polo vigués Edu Lavandeira está a ser unha das máis vistas da nova edición do concurso de curtas nacional máis importante da rede, o notodofilmfest.com. Actualmente ocupa o terceiro lugar das máis vistas entre as máis de 400 curtas que hai a concurso actualmente. O concurso continúa aberto durante as próximas semanas. Un dos moitos premios en xogo é precisamente ese, o premio á curta máis vista do festival. A curta, unha comedia de parella sobre esa práctica sexual de orixe xaponesa chamada “Bukkake”, pódese visualizar neste enlace.
http://www.jamesonnotodofilmfest.com/cortos.html?id=cw5105bfe81d49c
DATOS:
- Xénero Comedia
- Duración 3:30
- Actores David Perdomo, Estíbaliz Veiga
- Guión, dirección e montaxe: Edu Lavandeira
- Localizacións A Coruña
- Cámara Canon 5D Mark II
Sinopse: Bukkake é un xénero pornográfico e unha práctica de sexo en grupo, onde unha serie de varóns se turnan para exacular sobre unha persoa, xa sexa varón ou muller. Polo xeral, ao finalizar a persoa sobre quen se exaculou trágase o semen, baleirado previamente nun vaso ou outro elemento similar.