ÚLTIMAS PELÍCULAS DO CICLO DE CINE DE OUTONO NO MUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIA

29 / 11 / 2012

Mañá venres, día 30 de novembro ás 20.00h terá lugar a proxección das dúas últimas películas do cine de outono no Museo Etnóloxico de Ribadavia coa proxección de El sol en el sol del membrillo e Ya viene, aguanta, riégueme, mátame. A entrada é gratuíta.

EL SOL EN EL SOL DEL MEMBRILLO

(2008 Los Hijos) 12 min.

Un lenzo inacabado pretendidamente pintado por Antonio López resiste (¿resiste?) as embestidas da natureza e o clima durante unha semana que é  mostrada catro veces desde catro propostas audiovisuais diferentes, que analizan a relación entre o autor cinematográfico e a representación da paisaxe.

O documental na a prensa:

A peza, exemplar na súa concepción e execución, va máis alá da cita en clave paródica para establecer un interesante (e neste caso necesario) diálogo coa tradición desde un posicionamiento documental plenamente contemporáneo”

(Elena Oroz. Blogs & Docs. Maio 2010)

“Manifesto fronte aos modelos observacionais do cine documental en España”.

(Angel Quintana. Cahiers du Cinéma España, setembro 2010)

 

YA VIENE, AGUANTA, RIÉGUEME, MÁTAME

(2009 Los Hijos) 9 min.

Actualización estética de catro secuencias icónicas da historia do cine español. Una procura estritamente xeográfica que coloca a cámara nos puntos exactos nos que se rodaron os pranos das películas orixinais. Sen iluminación,  en edición de son e sen actores; simplemente o que hai diante da cámara.

O documental na a prensa:

Esta obriña (pequena en dimensión, grande en concepto) sitúase na liña deses proxectos que sacan a súa forza da revisión documental dos territorios que previamente foron habitados e marcados a lume pola ficción

(Santos Zunzunegui. Cahiers du Cinéma España, setembro 2010)

 

Categoría: Novas
Etiquetas: