O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) proxecta mañá, día 26 de novembro ás 20.30 o filme “Terra de Ninguém”, dentro do ciclo Cine do Desasosego. Portugal Hoxe. TERRA DE NINGUÉM
(Portugal, 2012)
Dirección e guión: Salomé Lamas. Produción: O Som e a Fúria. Fotografía: Takashi Sugimoto. Duración: 72 minutos.
A historia dun personaxe dos que nunca se fala, Paulo Figueirido. Mercenario en Angola e El Salvador, asasino a soldo para os GAL en España, un criminal que describe o seu oficio como quen fala de facer tortillas ou engraxar motores. Orellas cortadas como trofeo, granadas, tipos de rifle, o adictivo cheiro do sangue ou como soterrar un corpo son os temas dos que fala este burócrata ao coidado do traballo sucio dos gobernos pois, como el mesmo repite, “a grandes males, grandes remedios”.