Esta tarde terá lugar no Consello da Cultura Galega a terceira e última xornada do Foro Academia Aberta “As regras do xogo”, organizado pola Academia Galega do Audiovisual. Nesta ocasión os participantes tratarán sobre “O marco administrativo do audiovisual galego. Quen se ocupa do audiovisual na Xunta de Galicia?”. A entrada é libre e gratuíta.
PROGRAMA DIA 11 NOVEMBRO:
–18:00 – 20:00 Mesa “O marco administrativo do audiovisual galego. Quen se ocupa do audiovisual na Xunta de Galicia?”
Expoñen
– D. Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Medios, Xunta de Galicia.
– D. Jorge Algora, Vicepresidente de AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual).
-D. Xabier Bermúdez, representante da Coordinadora de Asociacións de Profesionais do Audiovisual.
Modera
Dna. María Bouzas, actriz.
LUGAR DE CELEBRACIÓN DA MESA:
Salón de actos, 2º andar
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela
O Foro Academia Aberta 2009
Durante tres xornadas programadas en semanas consecutivas e baixo o título “As regras do xogo”, a actividade aborda as problemáticas legais e administrativas coas que a creación audiovisual galega tense que enfrontar na actualidade. Participan representantes da industria galega e estatal, da Xunta de Galicia e das principais forzas políticas galegas.
Patrocinadores e Colaboradores
O Foro está patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Medios, a Consellería de Cultura e Turismo, e a Consellería de Industria e Economía. Ademais conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.