O Cineclube Padre Feijoo reinicia o ciclo de Cine de Autor (tralo parón da festividade do 1 de maio) cun filme do novo cinema portugués, encadrado tamén dentro da programación do “Portugués perto”, da vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo. Este mércores, 8 de maio de 2013, ás 18, 20:30 e 23 h., no Cinebox Ourense, proxectase “Tabú” (2012, Portugal) 118 min, de Miguel Gomes.
Guión: Miguel Gomes, Mariana Ricardo | Fotografía: Rui Poças (B&W) | Reparto: Teresa Madruga, Laura Soveral, Ana Moreira, Carloto Cotta, Henrique Espírito Santo, Isabel Muñoz Cardoso, Ivo Müller, Manuel Mesquita
Productora: O Som e a Fúria / Radiotelevisão Portuguesa (RTP) | Web oficial: http://www.the-match-factory.com/films/items/tabu.html | Distribuídora: Casa de Películas S.l. | Formato de exhibición: BluRay HD, Blanco e negro, Ratio; 1.37:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en portugués, inglés e polaco, con subtítulos en castelán)
Premios
2012: Festival de Berlín: Premio FIPRESCI e Alfred Bauer
Xénero
Drama. Romance | África
Sinopse
As protagonistas son unha vella e temperamental dona, a súa criada de Cabo Verde e unha veciña entregada ás causas sociais. Trala morte da primeira, as outras dúas decátanse dun episodio do seu pasado: unha historia de amor, crime e aventuras ambientada en África.
Crítica
“O espectador acerta ver non só a película que Murnau rodou en 1931, senón a si mesmo escoitando a ferida de calquera amor posible. (…) Sinxelamente, e para non seguir liándoa, maxistral. Tan grande como a película orixinal”
(Luis Martínez, El Mundo)