O leit motiv desta edición do 19OUFF é a propia cidade de Ourense, un lugar con gran tradición cinéfila, no que os seus habitantes e o xeito de incluiren o cine na súa vida diaria se converten nos auténticos protagonistas. Baixo o lema ‘Velo é vivilo’ anímase a toda a poboación a acudir ás salas para gozar das pezas audiovisuais máis destacadas de Galicia, Europa, América Latina e o resto do mundo.
Podedes velo premendo aquí: http://vimeo.com/110164475
O 19OUFF fará que, dende o 15 ao 23 de novembro, Ourense se converta no punto de encontro do audiovisual galego ao abrir o festival coa estrea mundial de A esmorga, de Ignacio Vilar e clausurándoo con Schimbare, ópera prima do director galego Álex Sampayo.
Ademais, Emilio Martínez Lázaro (Madrid, 1945), director da película máis taquilleira da historia do cine español ata o día de hoxe, Ocho apellidos vascos, recibirá este ano o Premio Cidade de Ourense. O Premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado recaerá en Carlos Bardem (Madrid, 1963) pola súa adaptación da novela Alacrán enamorado.
Nesta décimo novena edición, o público poderá gozar, ademais dos dez filmes da Competición Oficial, doutras moitas pezas audiovisuais divididas nas súas Seccións Paralelas: Inédito en Ourense, Panorama Galicia, Documentais, Cine e Viño e Sesións Especiais.
Máis información en www.ouff.org