SEGUNDAS XORNADAS DE FORMACIÓN E MOSTRA AUDIOVISUAL EN VEDRA

17 / 12 / 2008

A Asociación cultural, deportiva e xuvenil Verea organiza en Vedra os días 7, 8 , 13, 14 e 15 de febrero as Segundas Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual que incluen cursos de dirección de fotografía, iniciación aos documentais, introdución ao guion audiovisual, videocreación en directo, iniciación ás curtametraxes, preproducción, rodaxe e edición.

INICIACIÓN Á DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
Impartido por: Paco Rocha ( director fotografía en As Farolas e Sulfato )
Nivel : Iniciación
Duración : 14 horas
Nº de prazas: 12
Cuota de inscripción: 50 euros
Datas: 7 e 8 de febreiro

O curso constará de dúas fases unha eminentemente teórica e curta (4h) e outra práctica de oito horas.
Durante a primeira examinaremos as funcións teóricas do director de fotografia
durante as fases de preproducción, producción e edición.
– Localizacións, recursos para localizacións exteriores, recursos a ter en conta para interiores, material de cámara, material de iluminación (se é necesario), decisións de batalla (problemas previos), producción (qué lugar ocupar, qué responsabilidade ter), edición (qué podemos facer na edición?)

Na fase práctica:
– Terminoloxía Básica, materiais básicos (lámparas, reflectores, fotómetros), luz principal, iluminación de recheo (gradación de contrastes)

Todas estas cousas se explicarán con material de cámara e
iluminación presentes para poder ver insitu os materiais e o seu uso,

INICIACIÓN ÓS DOCUMENTAIS
Impartido por: Xosé Antón Moure (realizador TVG)
Nivel: iniciación
Duración: 16 horas + un día e medio de rodaxe e edición
N.º de prazas: 30
Cuota de inscrición: 60 ¤
Datas: 7, 8, 13, 14 e 15 de Febreiro

Preténdese con este obradoiro que as persoas interesadas no audiovisual poidan ter unha visión de primeira man participando, e mesmo elaborando, un documental durante o curso que propoñemos. O curso terá duas fases ben diferenciadas: 7 e 8 de febreiro. Pre-produción e 13, 14 e 15 de febreiro. Rodaxe e edición

INTRODUCIÓN AO GUIÓN AUDIOVISUAL
Imartido por: Denís López Horro (guionista, actor e presentador)
Nivel: iniciación
Duración: 12 horas
N.º de prazas:12
Cuota de inscrición: 40 ¤
Datas: 7 e 8 de febreiro

Que é un guión? Presentación técnica. Como contar unha historia. A estrutura. O diálogo.

Como contar unha historia en imaxes. Tentaremos amosar ó alumno os
pasos necesarios para levar a súa historia á pantalla tentando, na medida do posible, aplicalos á práctica. Non se precisa experiencia.

VIDEOCREACIÓN EN DIRECTO
Imartido por: Miguel Seoane (músico)
Nivel: iniciación
Duración: 14 horas
N.º de prazas:12
Cuota de inscrición: 60 ¤
Datas: 14 e 15 de febreiro

Edición e montaxe de videoloops, estudo de efectos e renderización. Preparación dunha sesión en directo, técnicas de mestura, croma e sesión práctica con música

INICIACIÓN ÁS CURTAMETRAXES
Impartido por: Alber Ponte (director e guionista de curtametraxes)
Nivel: iniciación
Duración: 16 horas + un día e medio de rodaxe e edición
N.º de prazas: 30
Cuota de inscrición: 60 ¤
Datas: 7, 8, 13, 14 e 15 de Febreiro

Preténdese con este obradoiro que as persoas interesadas no audiovisual poidan ter unha visión de primeira man participando, e mesmo elaborando, unha curtametraxe durante o curso que propoñemos. O curso terá duas fases ben diferenciadas:

7 E 8 DE FEBREIRO. PRE-PRODUCIÓN
Nesta fase, a partir do análise dun guión (que terán que traer elaborado a partir dun relato breve que poñerá a organización ao alcance de todos e todas e que máis tarde realizarán) procurarase que todos os alumnos/as teñan unha visión o máis ampla posible das distintas facetas, tanto artísticas coma técnicas, que interveñen na realización dunha curta: son, iluminación, dirección, produción, fotografía, planificación do rodaxe (esceas, descansos, comidas, localizacións, proxecto fotográfico, traballo actoral, estética, etc).

13, 14 E 15 DE FEBREIRO. RODAXE E EDICIÓN
Neste fin de semana (venres, sábado e domingo) levarase a cabo a rodaxe e a edición das curtas, que serán estreadas na tarde do domingo 15
Formaranse como máximo 3 grupos de rodaxe. A organización proveerá a todos os equipos do seguinte material:

1 cámara dixital, baterias, 1 trípode., equipo informático para a edición con apoio técnico, 2 cintas MDV, 1 micro e 1 pértiga

Observación xerais:
1º Os equipos traballarán sobre un mesmo relato, obtendo así varias visions distintas, varios xeitos de narrar e varias estéticas distintas do mesmo feito.

2º O curso levarase acabo de xeito práctico e participativo tendo en conta o obxectivo final: a rodaxe do guión traballado anteriormente. Trátase, en definitiva, de traballar sobre distintos aspectos da pre-producción , produción e rodaxe.

3º A organización lle entregará aos alumnos/as o relato sobre o cal van traballar.

4º A organización poñerá ao servicio dos equipos as persoas nercesarias para labores de axudantes de produción (unha persoa por equipo).

5º A organización encargarase de organizar as comidas para os/as participantes que o desexen; as comidas non están incluidas na cuota de inscripción.

6º Todas as curtas editadas neste taller deberán colocar nos créditos que son unha producción da Asociación cultural, deportiva e xuvenil VEREA

PRAZO E PROCEDEMENTO DE INSCRIPCIÓN para os obradoiros

Ata o 30 de Xaneiro de 2009

Enviar o formulario de inscripción debidamente cumprimentado xunto cun comprobante do pago da cuota correspondente. As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscripción. A inscripción só será efectiva se está acompañada do xustificante de pago da cuota.

As inscripcións enviaranse a través do formulario da paxina web www.asociacionverea.org

Os comprobantes de pago enviaránse por e-mail a info@asociacionverea.org ou por fax ao n.º: 981 572 032

Aos participantes nas Xornadas se lle confirmará o máis axiña posible a súa inscripción. En todo caso a organización comprométese a informar a todos/as, como moi tarde, o 4 de Febreiro.

Categoría: Novas
Etiquetas: