SALTIMBANCOS, MAÑÁ NO CICLO DE CINEMA PORTUGUÉS DO CINECLUBE PADRE FEIJOO

12 / 05 / 2014

O martes, 13 de maio, ás 18.00h, o Cineclube Padre Feijoo na Sala do Campus de Ourense proxectarase “Saltimbancos”, de Manuel Guimarães, dentro do ciclo Clásicos do Cinema Portugués do S. XX. A entrada é de balde.

SALTIMBANCOS
 Director: Manuel Guimarães

– Portugal, 1951. 82 min. VOSe
– Sinopse
: O universo subterráneo e exótico do ‘Circo Maravilhas’ -pequeno e decadente, tristeiro e dramático na sua miseria, nos conflitos e fatalismo dos vellos artistas, na coraxe da veterana trapecista… unha aventura insolidaria onde o afecto e o compañeirismo rasgan, no horizonte, unha esperanza inextinguible. Adaptación do romance “O Circo”, de Leão Penedo, inspirado cinematograficamente no neorrealismo italiano.

Categoría: Novas
Etiquetas: