RESUMO DE HOXE NO 18OUFF E PREVISIÓNS PARA MAÑÁ XOVES

20 / 11 / 2013

Fernando Cortizo (O apóstolo / OUFFescola), Laila Pakalnina (Pizzas / Selección oficial) e JT Villalobos (Mulberry Stains / selección oficial) pasaron esta mañá polos almorzos do 18OUFF. Un encontro entre directores de procedenzas moi diversas como Galicia, Letonia ou Estados Unidos (onde unha entrada de cine custa uns 14 dólares de media). Porén, a oportunidade de coñecerse no marco dun festival de cine e compartir café fíxolles descubrir o intrínsecamente relacionado que está o mundo do cine: os problemas de exhibición en Letonia, un país con dous salas de cinema na capital -Riga- e dez en todo o país, as oportunidades para a animación galega, que só veñen do exterior, ou a sorpresa dun estadounidense que loita por sobrevivir a Hollywood cando descubre as controversias ao redor da política e do cine neste país. Previsións

  • Esta tarde, no Teatro Principal

20:00h/ Entrega do Premio Cidade de Ourense a Pedro Olea + El bosque del lobo (1970)
22:30h/ Asolagados (Dir. David Vázquez), coa presenza do director e do equipo de rodaxe.

  • Mañá xoves 21 de novembro

10:00h/ El Tragaluz: almorzo cos directores de Panorama Galicia.
– Auditorio Municipal: cine en sesións de 17:30, 20:00 e 22:30
– Centro Cultural Marcos Valcárcel, sesións ás 18:00h e 20:30h -con Magic: The Gathering, documental do ourensán Marcos Fernández
22:30h/ El tragaluz. Concerto de Fred Martins

Categoría: Novas
Etiquetas: