REGRESA A PROGRAMACIÓN DO CGAI

13 / 09 / 2013

Este martes, 17 de setembro regresa a programación do CGAI. A continuación tedes a programación de setembro e outubro.

FESTIVAL FREAKEMACINE

ANDRÉI KONCHALOVSKY

DESENCADRES: JP SNIADECKI e CASAS

FÓRA DE SERIE

OFF GALICIA

CGAI JÚNIOR

 

 

INFORMACIÓN XERAL

Todos os filmes se proxectan en versión orixinal, agás indicación contraria.

A duración dos filmes é orientadora e aproximada.

Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade.

Unha vez comezada a sesión non se permitirá a entrada á sala de proxeccións.

As sesións de capacidade limitada teñen reservado un número indeterminado de butacas.

As sesións sinaladas con signos de exclamación (¡!) sofren modificacións respecto dos horarios habituais.

         

PREZO DA ENTRADA

Xeral: 1’20 €

Carné Xove: 0’60 €

Aboamento para 10 sesións: 9 €

As sesións de entrada gratuíta notificaranse no programa.

A venda de entradas iniciarase 15 minutos antes de comezaren as sesións (non se venden entradas anticipadamente).

Só se venderán un máximo de dúas entradas por persoa.


 

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Sábado

 

Setembro 17

     Setembro 18

Setembro 19

Setembro 20

Setembro 21

18.15 horas (¡!) 

Freakemacine

Buenas noches, dijo la Señorita Pájaro

César del Álamo, 2012. 100′. Vídeo. Entrada de balde.   

 

20.30 horas 

Freakemacine

Killer Joe

William Friedkin, 2011. 101′. Vídeo. Entrada de balde.    

 

 

18.15 horas (¡!) 

Freakemacine

Contra el tiempo

José Manuel Serrano Cueto, 2012. 91′. Presentación de Antonio Mayáns. DCP. Entrada de balde.   

 

20.30 horas 

Freakemacine

La máscara del demonio

Mario Bava, 1960. 87′. Carlos Aguilar presenta o seu libro Mario Bava. Entrada de balde.    

 

18.15 horas (¡!) 

Freakemacine

Safety Not Guaranteed

Colin Trevorrow, 2012. 85′. Vídeo. Entrada de balde.   

 

20.30 horas 

Freakemacine

A ritmo de Jess

Naxo Fiol, 2013. 86′. Vídeo. Presentación do director. Entrada de balde.    

 

18.15 horas (¡!) 

Freakemacine

Concurso curtametraxes (I)

VV.AA, 2012-2013. 90′. Vídeo. Entrada de balde.  

 

20.30 horas  

Freakemacine

Concurso curtametraxes (II)

VV.AA, 2012-2013. 90′. Vídeo. Entrada de balde.  

 

 

18.15 horas (¡!) 

Freakemacine

Invasión Zombie

Matthias Hoene, 2012. 88′. Vídeo. Entrada de balde.  

 

 

 

Setembro 24

Setembro 25

Setembro 26

Setembro 27

Setembro 28

20.00 horas (¡!)

Fóra de serie

Érase una vez en Anatolia

Nuri Bilge Ceylan, 2011. 150′. DCP. Subt. castelán.    

 

 

 

18.00 horas

Andréi Konchalovsky

El primer maestro (1965)

102′. Vídeo. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Andréi Konchalovsky

The Story of Asya Klyachina… (1967)

94′. Vídeo. Subt. castelán.

 

 

18.00 horas

Andréi Konchalovsky

Nido de nobles (1969)

105′. Vídeo. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Andréi Konchalovsky

Tío Vania (1970)

104′. Subt. castelán.

 

18.00 horas

Andréi Konchalovsky

Siberiada (1979) 200′. Vídeo. Subt. castelán.

 

18.00 horas

Off Galicia

Apocalypse (Alexandre Argibai, 2011)

Xtreaming (Alexandre Argibai e Mikel Otxoteko, 2013)

46′. Vídeo. Presentación de Alexandre Argibai. Entrada de balde. 

 

 

 

 

 

Outubro 1

Outubro 2

Outubro 3

Outubro 4

Outubro 5

18.00 e 20.30 h

Andréi Konchalovsky

Los amantes de María (1984)

111′. Vídeo. Subt. castelán.

 

18.00 e 20.30 h

Andréi Konchalovsky

El tren del infierno (1985)

100′. Vídeo. Subt. castelán.

18.00 horas

Fóra de serie: Hong Sangsoo

En otro país (2012)

89′. DCP. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Fóra de serie: Hong Sangsoo

La mujer es el futuro del hombre (2004)

88′. Vídeo. Subt. castelán.

 

 

  

18.00 horas

Fóra de serie: Hong Sangsoo

Un cuento de cine (2005) 89’. Vídeo. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Fóra de serie: Hong Sangsoo

En otro país (2012) 89′. DCP. Subt. castelán. Presentación libro Cine XXI a cargo de Hilario J. Rodríguez. Entrada de balde.

 

18.00 horas

Off Galicia

A fazaña da liberdade

Seném Outeiro, 2013.  

90′. Vídeo. Presentación a cargo de Roi Carballido e Seném Outeiro. Entrada de balde.

 

                                  

Outubro 8

Outubro 9

Outubro 10

Outubro 11

 

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

The Act of Killing

Joshua Oppenheimer e Christine Cynn, 2012. 122′. DCP. Subt. castelán.    

 

18.00 e 20.30 h

Andréi Konchalovsky

Vidas distantes (1987)

111′. Vídeo. Subt. castelán.

18.00 e 20.30 h

Andréi Konchalovsky

El círculo del poder (1991)

102′. Vídeo. Subt. castelán.

18.00 e 20.30 h

Andréi Konchalovsky

The Gloss (2007)

118′. Vídeo. Subt. castelán.

 

 

Outubro 15

Outubro 16

Outubro 17

Outubro 18

Outubro 19

18.00 horas

Desencadres: JP Sniadecki

Yumen

(2013) 65′. Vídeo HD. Presentación de JP Sniadecki. Subt. galego. Entrada de balde.

 

20.30 horas

Desencadres: JP Sniadecki

People’s Park

(2012) 78′. Vídeo HD. Presentación de JP Sniadecki. Entrada de balde.  

 

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

Keep the Lights On

Ira Sachs, 2012. 101′. DCP. Subt. castelán.    

 

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

Un verano ardiente  Philippe Garrel, 2011. 95’. DCP. Subt. castelán. 

 

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

El estudiante

Santiago Mitre, 2011. 111′. DCP.  

 

18.00 horas

Off Galicia

Lei natural

Segundo Grandío, 2013. 63′. Vídeo.   

Presentación polo seu autor. Entrada de balde.

 

 

     Outubro 22

     Outubro 23

    Outubro 24

    Outubro 25

    Outubro 26

18.00 e 20.30 h

Desencadres: Casas

La casa de Emak Bakia

Oskar Alegría, 2012. 83′. Subt. castelán. 

18.00 e 20.30 h

Desencadres: Casas

Reconversão

Thom Andersen, 2012. 67′. Vídeo HD. Subt. castelán.

18.00 horas

Fóra de serie

Campanadas a medianoche Orson Welles, 1965. 115′. DCP. Versión dobrada.

 

20.30 horas

Fóra de serie

Chimes at Midnight Orson Welles, 1965. 115′. DCP.

Subt. castelán.

 

20.30 horas

Fóra de serie

Las dos memorias

Jorge Semprún, 1974. 141′. Subt. castelán.

 

 

 

18.00 horas

CGAI Júnior

La princesa Mononoke

Hayao Miyazaki, 1997. 134′. Vídeo. Entrada de balde.

 

 

 

Outubro 29

    Outubro 30

    Outubro 31  

   

   

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

Dime quién era Sanchicorrota

Jorge Tur, 2013. 63′. Vídeo HD.

18.00 e 20.30 h

Desencadres: Casas

Stemple Pass

James Benning, 2012. 121′. Vídeo HD. Subt. castelán.

20.00 horas (¡!)

Fóra de serie

Laurence Anyways

Xavier Dolan, 2012. 168′. DCP. Subt. castelán.

 

 

 

 

 

FREAKEMACINE:

En colaboración co Freakemacine. Festival de Sci-fi e Fantástico (A Coruña).  

 

Quinta edición dun festival especializado, Freakemacine, certame de cine de ciencia-ficción, de terror e fantástico organizado na cidade da Coruña. Xunto a un histórico indiscutible desta práctica fílmica, o italiano Mario Bava (1914-1980), do que se proxecta un título rexo e influínte, La máscara del demonio (1960), circunstancia que permite presentar o seu estudo monográfico publicado para a editorial Cátedra polo experto Carlos Aguilar; segue a recuperación de clásicos e legado vinculado ao cine español de xénero, a profundar en diversos aspectos: unha aproximación á longa tradición de intérpretes españois de reparto no cinema de xénero (o documental Contra el tiempo); un videodiario, A ritmo de Jess, tributo a Jesús Franco (1930-2013) coa súa derradeira película, Al Pereira vs. Alligator Ladies, como coartada; un filme da última edición de Sitges, Buenas noches, dijo la señorita Pájaro, partícipe do giallo e moi capaz de mesturar diversas tradicións. A presenza foránea vén dada pola comedia, premio ao mellor guión en Sundance, Safety Not Guaranteed, a parodia británica de andazos como Invasión Zombie e un maxistral título recente de William Friedkin, o lendario e inspirado autor de Contra el imperio de la droga e El exorcista, a negra e recomendable Killer Joe. O ciclo complétase coa proxección, en dúas sesións, das curtametraxes que compiten polo premio do festival.   

 

Agradecementos: Ferrán Herranz, Diego López, Carlos Aguilar, Óscar Fernández, Antonio Mayans, José Manuel Serrano Cueto, César del Álamo, Raúl Artigot, María Kosty, Naxo Fiol, David Rubín, Syfy, Gadis, Víctoria Bernal, EGEDA, Ana Cadahía, Video Mercury, Cristina Bernáldez, Petri Serrano, Filmoteca Española.

 

ANDRÉI KONCHALOVSKY:

En colaboración co Centro Ruso de Ciencia e Cultura, The Andréi Konchalovsky Production Center, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Andalucía.

 

Andréi Sergueyevich Konchalovsky (Moscú, 1937) é un dos máis coñecidos directores de cine rusos. Home de cine e teatro, actor, director de máis de vinte filmes e nove producións teatrais, escritor, guionista do primeiro Andréi Tarkovski (La infancia de Iván, 1962; Andrei Rubliev, 1966), fillo dun célebre poeta e irmán do tamén realizador Nikita Mikhalkov-Konchalovsky, de xeito ben singular e na fin da Guerra Fría, Andréi Konchalovsky desenvolve parte da súa carreira nos Estados Unidos.

Logo de recibir unha esmerada formación musical e cinematográfica, dirixe unha curtametraxe triunfal, Malchik i golub (El niño y la paloma), gañadora do premio para debutantes do Festival de cine de Venecia de 1962, e, en 1965, inspirado pola creatividade de Akira Kurosawa, filma Pervij uchitel (El primer maestro), historia dun mozo idealista, soldado do Exército Vermello que trata de alfabetizar os pastores dun lugar perdido de Asia Central. A súa seguinte película é Istoriya Asi Klyachinoy, kotoraya lyubila, da ne vyshla zamuzh (La historia de Asia Kachina, que amó pero no quiso casarse, 1967), un filme formalmente complexo e arriscado con problemas de censura que non ve a luz ata 1988, seguido dunha particular secuela: Kurochka Ryaba (La gallina de los huevos de oro, 1994). En 1969 volve a vista cara aos clásicos, e presenta Dvoryanskoe gnezdo (Nido de nobles) de Iván Turgueniev. No seu seguinte filme, Diadia Vania (Tío Vania, 1970), adapta con habelencia a Chéjov, co célebre actor e director Sergei Bondarchuk no papel de Astrov. Tío Vania obtén a Concha de Prata no Festival de San Sebastián.

Un enorme éxito de recadación (40 millóns de espectadores) e o Gran Premio en Karlovy Vary acompañan a Romans o vlyublyonnykh (Romance de enamorados, 1974). O memorable poema fílmico Sibiriada (Siberiada, 1979), rexistro épico de case un século enteiro de vida en Rusia, resulta galardoado co Premio Especial do Xurado no Festival de Cannes. En 1980, logo de ser nomeado Artista del Pueblo da URSS, Konchalovsky marcha a Occidente e traballa en Hollywood, onde amosa a súa capacidade tanto para a posta en escena como para a análise de personaxes extremosos. Alí dirixe, para a esquizofrénica produtora Cannon, películas de renome como Maria’s Lovers (Los amantes de María, 1984) ou Runaway Train (El tren del infierno, 1985), gaña a Concha de Ouro no Festival de San Sebastián con Homer & Eddie (Homer y Eddie, 1990) e proba no blockbuster con Tango & Cash (Tango y Cash, 1989) con Sylvester Stallone e Kurt Russell como protagonistas. Konchalovsky realiza tamén Duet for One (Ansias de vivir, 1986) e Shy People (Vidas distantes, 1987) en Estados Unidos. De regreso a unha Rusia poscomunista, roda The Inner Circle (El círculo del poder, 1991), reflexión sobre a esencia do estalinismo a través do destino dunha “persoa humilde”: o proxeccionista de Stalin. A luxosa serie The Odyssey (La Odisea, 1997), ten difusión en televisións de todo o mundo. Este proxecto foi, na súa época, a producción televisiva máis cara existente e recibiu un premio Emmy. En 2002, a súa película Dom durakov (La casa de los locos), relato dos residentes dun psiquiátrico próximo á fronteira chechena durante a primeira guerra de Chechenia, obtén o Gran Premio do Xurado en Venecia. En 2007 estrea a súa seguinte película, Glyanets / Gloss, co traballo da súa muller, a actriz Julia Visotskaya. Nos últimos anos, hiperactivo e polifacético, coproduce The Last Station (La última estación, 2009), película sobre os derradeiros días de León Tolstói, que recibe varios Globos de Ouro e resulta nomeada aos Óscar 2009; encárgase de montaxes teatrais, mesmo ópera e musicais, ao tempo que dá cabida á escritura, como articulista, blogueiro e autor de varios libros. Coa fundación en 2003 de The Andrei Konchalovski Production Center, realiza traballos para as principais canles rusas de televisión (NTV, RTR, Kultura e Zvezda), especializado en series de documentais biográficos, nomeadamente sobre artistas e políticos.

 

Agradecementos: Cristina Bernáldez, Petri Serrano, Luis E.Parés, Filmoteca Española.

 

FÓRA DE SERIE:

 

Aproveitamos esta sección para a estrea dalgúns dos títulos máis significativos dos últimos tempos, afastados en moitos casos das salas comerciais galegas. Dende a exploración das loitas políticas arxentinas –o microcosmos académico con carácter universal- de El estudiante de Santiago Mitre á apaixonante e engaioladora road-movie turca Érase una vez en Anatolia de Nuri Bilge Ceylan; dende un documental –protagonizado por asasinos reais- que explora o horror da historia contemporánea de Indonesia, The Act of Killing, ao emotivo análise dunha longa relación homosexual de Keep the Lights On de Ira Sachs, pasando por nomes ben coñecidos polos espectadores do CGAI, como Philippe Garrel (Un verano ardiente), o coreano Hong Sang-soo, ao que lle facemos un pequeno foco, ao tempo que estreamos En otro país (2012), ou figuras emerxentes como o mozo canadense Xavier Dolan (Laurence anyways) e o español Jorge Tur (Dime quién era Sanchicorrota).  

Por último, un par de modélicas restauracións. Unha feita polo historiador e especialista Luciano Berriatúa para a Filmoteca Española sobre a peza mestra de Orson Welles Chimes at Midnight / Campanadas a medianoche (1965), versión de varias obras de Shakesperare rodada en España e producida por Emiliano Piedra; a outra, realizada pola Filmoteca Española e a Cinémathèque Française, coa colaboración de Filmoteca de Catalunya, sobre o negativo de Les Deux Mémoires / Las dos memorias (1974), o case que invisible achegamento documental do literato, guionista e político Jorge Semprún (1923-2011) á Guerra Civil Española. 

 

Agradecementos: Cristina Bernáldez, Filmoteca Española, Luis E. Parés, herdeiros de Emiliano Piedra, Cinémathèque Française, Filmoteca de Catalunya, Paula Maroño, Jorge Tur, Koldo Lasa, INAAC.  

 

DESENCADRES: JP SNIADECKI E CASAS

 

Fóra de toda delimitación, arredados do recadro evidente, os Desencadres da nova programación do CGAI traen o cineasta estadounidense John Paul Sniadecki (Michigan, 1979), do que xa vimos Foreign Parts (2010), Gran Premio en Punto de Vista 2011 logo de ser premiada en Locarno (Opera Prima), ou a curta The Yellow Bank, con senllas filmacións chinesas, Yumen, codirixida por Xu Ruotao e Huang Xiang, e People’s Park, asinada tamén por Libbie D. Cohn.    

“Déixame en paz”, esa é a traducción da expresión vasca Emak Bakia que serviu de título a unha película experimental de Man Ray filmada nunha casa de Biarritz en 1926. A procura desa casa, 85 anos despois, é o obxectivo que se marca Oskar Alegría en La casa de Emak Bakia a partir das mínimas pistas que achega a película de Man Ray. Presentada en distintos festivais ao longo de 2012 (Bafici, Distrital, Edimburgo, San Sebastián), a película de Alegría proponnos unha investigación sobre esas misteriosas orixes e todas as historias que de aí derivan. Representa tamén unha oportunidade para programarmos outras películas que nos falan doutras casas ou, máis directamente, de arquitectos. Por exemplo, Reconversão, de Thom Andersen, documental arredor do arquitecto portugués Eduardo Souto Moura. Producida polo Festival de Vila do Conde dentro do proxecto 4 Filmes x 4 Realizadores co que se conmemoraron en 2012 os 20 anos do festival, Reconversão prolonga o interese de Andersen pola arquitectura e mais o urbanismo (Los Angeles Plays Itself) ao presentar 17 edificios ou proxectos do autor do Estadio de Braga, filmados cun estilo “proto-cinematográfico” a razón de 1 ou 2 frames por segundo. A protagonista de Stemple Pass non é exactamente unha casa, senón unha simple cabana enclavada nas montañas de Sierra Nevada (California). Alí James Benning constrúe cadansúa réplica das cabanas de Thoreau en Walden Pond e de Theodore J. Kaczynski (“Unabomber”) en Stemple Pass (Montana). Catro únicos planos desta última réplica rodados en distintas estacións do ano acompáñanse da lectura por parte do propio Benning de fragmentos do diario de Kaczynski. Escribía Javier Porta Fouz no catálogo do último Bafici: “Á súa maneira, Stemple Pass é un cativador thriller político”.

 

Agradecementos: JP Sniadecki, Felipe Lage, Martin Pawley, Oskar Alegría, Agência da Curta Metragem (Portugal), James Benning

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: