QUEDAN 15 DÍAS PARA AS INSCRICIÓNS DE AMAL 2011 E INCREMENTASE A PARTICIPACIÓN NUN 30%

2 / 06 / 2011

As inscricións ao Festival Internacional de Cine EuroÁrabe Amal 2011 pecharán o 15 de xuño de 2011 e a novena edición conta xa cun incremento do 30% de participación internacional.

Entre os países participantes, observouse ata a data unha forte participación de países árabes como Líbano, Palestina, Marrocos, Tunisia, Emiratos Árabes Unidos, Exipto, Alxeria e Iraq. Entre os países europeos, Francia, España, Bélxica e Dinamarca encabezan a lista, ao lado dos Estados Unidos. As curtametraxes de ficción e os documentais reúnen máis dun 75% das producións, seguidos das curtas documentais (un 15%) e das longas de ficción (un 10%).

Continuará aberto o prazo de inscrición para participar ata o 15 de Xuño de 2011. As bases están dispoñibles na web oficial do Festival (www.festivalamal.es) e a inscrición débese realizar online. Pode presentarse calquera longametraxe de ficción, documental ou curtametraxe producida ou coproducida por un país árabe, así coma aqueles filmes que aborden a temática árabe, independentemente do seu país de orixe. Os traballos presentados deberán estar finalizados entre os anos 2009 e 2011.

Os filmes seleccionados serán proxectados nas sedes do Festival e as curtametraxes, tanto documentais coma de ficción, poderán verse, coma nas pasadas edicións, a través da súa web. Amal é o único Festival de España especializado na temática árabe, que traballa coa firme vontade de servir cómo punto de encontro para o diálogo entre culturas. Durante nove anos o Festival experimentou un crecemento progresivo, incrementando a súa oferta de actividades e difusión nos medios.

Categoría: Novas
Etiquetas: