PROXECCIÓN O VINDEIRO LUNS DO PROGRAMA CINEMA NA PRAZA

10 / 08 / 2012

Continúa o programa de proxeccións Cinema na Praza ao ar libre do cineclube Padre Feijóo, dentro das actividades de EsCuA (espazo cultural aberto), que se celebrará o vindeiro luns 13 de agosto de 2012, na praza S. Marcial do centro histórico de Ourense.

A COTRA E A FURIA (The Filth and the Fury)

2001, Reino Unido), 108 min.

 

Director: Julien Temple | Guión: Julien Temple | Música: The Sex Pistols | Fotografía: Geordie Devas | Produtora: Film Four Limited / Nitrate Film | Distribuidora: Alta visión (En Galicia; Baños films) | Formato/versión: DVD/dobrado.

Sipnose: Documental sobre o grupo punk “The Sex Pistols”.Os Sex Pistols só duraron 26 meses e gravaron un disco, sen embargo cambiaron o panorama musical por completo. The Filth And The Fury é un irreverente, íntimo e estremecedor retrato do que quizáis sexa o grupo de rock máis célebre de todos os tempos. O filme, cuestiona ademáis o telón de fondo político, económico e cultural de Londres de mediados dos anos setenta.

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: