PROXECCIÓN DE UP AGAINST THE WALL MOTHERFUCKERS NO CGAI

8 / 11 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá, día 9 de novembro ás 18.30h o filme Up Against the Wall Motherfuckers! Haberá unha presentación a cargo de dous dos seus autores, Marcos Florez e Samuel M. Martín. Entrada de balde. UP AGAINST THE WALL MOTHEFUCKERS!

(España, 2013)
Dirección, guión e produción: Marcos Florez, Samuel M. Martín e José Luis Maire. Duración: 35 minutos.  
No ano 2011, unha figura chave da contracultura estadounidense dos 60, Ben Morea, aparece por Madrid grazas a un encontro organizado por La Felguera Editores. Pasan corenta anos dende que o seu rastro se perdese nas montañas de Novo México. En 1966 fundou a publicación underground Black Mask, na que se mesturaba arte e anarquismo. Aí xorde o singular colectivo Up Against the Wall Motherfuckers! As súas accións radicalizáronse progresivamente en consonancia coa lucidez dunhas formulacións que trazaban un camiño propio nun momento dominado polos hippies e as organizacións políticas de nova esquerda. Memorable colaxe de arquivo –con imaxes do histórico The Newsreel, unha fusión fascinante onde converxen Robert Kramer ou Aldo Tambellini – que aproveita a circunstancia de que Morea, coherente no seu rexeitamento do culto á personalidade, non se deixa filmar.

Categoría: Novas
Etiquetas: