PROXECCIÓN DO FILME 9 ONDAS NO CGAI

13 / 12 / 2013

Mañá, sábado día 14 de decembro ás 18.00h terá lugar a estrea en A Coruña no Centro Galego de Artes da Imaxe do filme 9 Ondas (2013), dirixida polo italiano afincado en Ourense Simone Saibene.

Presentación e coloquio coa presenza de Simone Saibene, a actriz Isabel Risco e o músico Alex Álvarez. Entrada de balde.

9 ONDAS
(España, 2013)
Dirección e guión: Simone Saibene. Produción: Elcercano.com e Simone Saibene. Intérpretes: Dario Merlini, María Tasende. Duración: 96 minutos.  
Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home detense a beber auga dunha fonte e perde con este acto tan simple a memoria. Comeza así un camiño cara aos seus verdadeiros pensamentos, que o levarán a descubrir a súa nova identidade. Unha película pioneira rodada a través do crowdfunding, o financiamento colectivo de máis de 200 persoas, que ten a cidade de Ourense como escenario principal.

Categoría: Novas
Etiquetas: