PROXECCIÓN DAS CURTAS DOS IV PREMIS GAUDÍ, HOXE EN COMPOSTELA

2 / 02 / 2012

A proxección das curtas dos IV Premis Gaudí está chegando ao seu fin. Hoxe en Compostela, na sede da Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar 19), a partir das 19.00h poderase desfrutar de forma gratuíta dos formatos curtos nominados nos Premios da Académia del Cinéma Catalá.

Entre os dramas, exhibirase ‘Ahora no puedo’, que trata a historia de Sara, unha actriz nova que desexa recuperar a súa vida profesional tras vivir a experiencia de ser nai. Entre as comedias, destaca ‘El barco pirata’, unha simpática historia que relata a forma que ten un pai en paro de satisfacer os desexos do seu fillo cos poucos aforros dos que dispón. Tampouco faltarán as obras documentais, como “Odysseus´Gambit (El sacrifici de l´Ulisses), e ‘El somriure amagat’, que fai unha reflexión en clave de fábula sobre os valores xerados nunca sociedade formada por nenos.

Categoría: Novas
Etiquetas: