A continuación podedes ver a programación para os vindeiros meses prevista polo Centro Galego de Artes da Imaxe. CINE POLACO CONTEMPORÁNEO
CINE DO DESASOSEGO. PORTUGAL HOXE
CINEUROPA: DAN SALLITT
DESENCADRES: ÚLTIMAS FRONTEIRAS
FÓRA DE SERIE
OFF GALICIA
CGAI JÚNIOR
INFORMACIÓN XERAL
Todos os filmes se proxectan en versión orixinal, agás indicación contraria.
A duración dos filmes é orientadora e aproximada.
Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade.
Unha vez comezada a sesión non se permitirá a entrada á sala de proxeccións.
As sesións de capacidade limitada teñen reservado un número indeterminado de butacas.
As sesións sinaladas con signos de exclamación (¡!) sofren modificacións respecto dos horarios habituais.
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
Sábado |
|
|
|
|
Novembro 2 |
|
|
|
|
18.00 horas Off Galicia Onde as rúas non teñen nome Alba Vázquez, 2012. 108′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
|
Novembro 5 |
Novembro 6 |
Novembro 7 |
Novembro 8 |
Novembro 9 |
18.00 e 20.30 h Fóra de serie Paraíso: Amor Ulrich Seidl, 2012. 122′. DCP. Subt. castelán.
|
18.00 horas Cine polaco Rosa Wojciech Smarzowski, 2011. 90′. Vídeo. Subt. castelán.
20.30 horas Cine polaco Indeleble Jacek Borcuch, 2013. 95′. Vídeo. Subt. castelán.
|
18.00 horas Cine polaco Mall Girls Katarzyna Roslaniec, 2009. 77′. Vídeo. Subt. castelán.
20.30 horas Fóra de serie Stemple Pass James Benning, 2012. 122′. Vídeo HD. Subt. castelán. Entrada de balde.
|
21.00 horas (¡!) Cine polaco Madre Teresa de los Gatos Pawel Sala, 2010. 95′. Vídeo. Subt. castelán.
|
18.30 horas (¡!) Off Galicia / Fóra de serie Up Against the Wall Motherfuckers! Marcos Florez, Samuel M. Delgado e José Luis Maire, 2013. 35′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
|
Novembro 12 |
Novembro 13 |
Novembro 14 |
Novembro 15 |
Novembro 16 |
18.00 e 20.30 h Fóra de serie Paraíso: Fe Ulrich Seidl, 2012. 116′. DCP. Subt. castelán.
|
18.00 horas Cine polaco Rosita Jan Kidawa-Blonski, 2010. 118′. Vídeo. Subt. castelán.
20.30 horas Cine polaco Ostatnie Pietro Tadeusz Król, 2013. 84′. Vídeo. Subt. castelán. |
18.00 horas Cine polaco Marcas Magdalena Piekorz, 2004. 91′. Vídeo. Subt. castelán.
20.30 horas Cine polaco Somnolencia Magdalena Piekorz, 2008. 105′. Vídeo. Subt. castelán.
|
18.00 horas Cine polaco Amor Slawomir Fabicki, 2012. 105′. Vídeo. Subt. castelán.
20.30 horas Fóra de serie Los ilusos Jonás Trueba, 2013. 93′. DCP. Presentación ao coidado do seu autor. Entrada de balde. |
18.00 horas Off Galicia A Raia Iván Castiñeiras, 2012. 30′. DCP. Presentación. Entrada de balde.
|
Novembro 19 |
Novembro 20 |
Novembro 21 |
Novembro 22 |
Novembro 23 |
18.00 e 20.30 h Fóra de serie Paraíso: Esperanza Ulrich Seidl, 2013. 91′. DCP. Subt. castelán.
|
18.00 horas Fóra de serie: Premis Gaudí Curtametraxes 45′. Vídeo. Entrada de balde.
20.30 horas Fóra de serie: Duncan Campbell Bernadette (2008) Make it New John (2011) 88′. Subt. castelán.
|
18.00 e 20.30 h Portugal Centro histórico Pedro Costa, Manoel de Oliveira, Víctor Erice e Aki Kaurismaki, 2012. 96′. DCP. Subt. castelán. |
18.00 horas Portugal As ondas (Miguel Fonseca, 2013) Lacrau (João Vladimiro, 2013). 121′. DCP.
20.30 horas Portugal Curtametraxes João Nicolau 129′. Cine/ DCP.
|
18.00 horas CGAI Júnior As andanzas da pequena toupa Zdenêk Miler, 1968-1975. 48′. Vídeo. Entrada de balde. |
Novembro 26 |
Novembro 27 |
Novembro 28 |
Novembro 29 |
Novembro 30 |
18.00 horas Portugal Curtametraxes Sandro Aguilar 89′. Cine/ DCP. Subt. castelán.
20.30 horas Portugal Terra de ninguém Salomé Lamas, 2012. 72′. DCP. Subt. castelán. |
18.00 horas Portugal Curtametraxes Sandro Aguilar 89′. Cine/ DCP. Subt. castelán.
20.30 horas Portugal A zona Sandro Aguilar, 2008. 99′. Subt. castelán. |
18.00 horas Portugal O fantasma do Novais Margarida Gil, 2012. 93′. DCP.
20.30 horas Portugal Vamos a tocar todos juntos…(Tiago Pereira, 2012) Torres e cometas (Gonçalo Tocha, 2013). 85′. DCP. |
18.00 e 20.30 h Portugal A vingança de uma mulher Rita Azevedo Gomes, 2011. 100′. DCP. Subt. galego. |
18.00 horas Off Galicia Alma e Industria Segundo Grandío, 2013. 63′. Vídeo. Presentación polo seu autor. Entrada de balde. |
Decembro 3 |
Decembro 4 |
Decembro 5 |
|
Decembro 7 |
18.00 e 20.30 h Dan Sallitt The Unspeakable Act (2012) 91′. Vídeo HD. Subt. castelán.
|
20.00 horas (¡!) Portugal E agora? Lembra-me Joaquim Pinto, 164′. DCP. Subt. castelán.
|
18.00 e 20.30 h Fóra de serie A World not Ours Mahdi Fleifel, 2012. 93′. Vídeo. Subt. castelán.
|
|
18.00 horas Off Galicia A realidade Alberte Pagán, 2012. 53′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
|
Decembro 10 |
Decembro 11 |
Decembro 12 |
Decembro 13 |
Decembro 14 |
18.00 e 20.30 h Portugal Redemption (Miguel Gomes, 2013) O Gebo e a Sombra (Manoel de Oliveira, 2012). 121′. DCP. Subt. galego.
|
18.00 horas Dan Sallitt Honeymoon (1998) 90′. Vídeo. Subt. castelán.
20.30 horas Dan Sallitt All the Ships at Sea (2004) 64′. Vídeo. Subt. castelán.
|
18.00 horas Portugal O que arde cura (João Rui Guerra da Mata, 2012) A última vez que vi Macau João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata, 2012. 109′. DCP. Subt. galego.
|
18.00 e 20.30 h Portugal Curtametraxes João Pedro Rodrigues 105′. DCP.
|
18.00 horas Off Galicia 9 olas Simone Saibene, 2013. 96′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde. |
Decembro 17 |
Decembro 18 |
Decembro 19 |
Decembro 20 |
Decembro 21 |
20.30 horas Desencadres O quinto Evanxeo de Gaspar Hauser Alberto Gracia, 2013. 61′. DCP. Presentación do director. Entrada de balde. |
18.00 horas Desencadres O quinto evanxeo de Gaspar Hauser Alberto Gracia, 2013. 61′. DCP.
20.30 horas Desencadres A Spell to Ward off the Darkness Ben Rivers e Ben Russell, 2013. 98′. DCP. Subt. galego. |
18.00 horas Desencadres Two Years at Sea Ben Rivers, 2011. 88′. DCP.
20.30 horas Desencadres Costa da Morte Lois Patiño, 2013. 83′. DCP. Presentación do director. Entrada de balde.
|
18.00 horas Desencadres Costa da Morte Lois Patiño, 2013. 83′. DCP.
20.00 horas (¡!) Desencadres La Région Centrale Michael Snow, 2011. 190′.
|
18.00 horas CGAI Júnior El Cascanueces Andréi Konchalovsky, 2010. 110′. Entrada de balde. |
CINE DO DESASOSEGO. PORTUGAL HOXE:
En colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla, Agência da Curta Metragem e CulturArts-Filmoteca de Valencia.
Houbo un tempo, a comezos dos oitenta do século pasado, en que se dicía que Portugal era o país europeo con mellores cineastas por metro cadrado. A afirmación non respondía a ningunha estatística, tan só a unha mera apreciación e, como tal, esa apreciación sería perfectamente reivindicable hoxe en día. Como mostra este ciclo impulsado polo Festival de Cine Europeo de Sevilla en que se non están todos os que son, si se pode dicir que son todos os que están, pois ciclos recentes como “Cinema portugués. Hipóteses para un futuro” ou o dedicado a João Canijo xa presentaron outros moitos nomes. Algúns deles son vellos coñecidos do CGAI, cineastas aos que se lles prestou unha atención preferente nos últimos anos: Manoel de Oliveira, Pedro Costa, Miguel Gomes, João Pedro Rodrigues, Gonçalo Tocha, aínda que outros moitos (Joaquim Pinto, João Vladimiro, Salomé Lamas) non é a primeira vez que se asoman á nosa pantalla. Mais esta é tamén a mellor ocasión para darmos a coñecer a cineastas como Rita Azevedo Gomes, Margarida Gil, Tiago Pereira, Miguel Fonseca, João Rui Guerra da Mata, Sandro Aguilar ou João Nicolau. Destes dous últimos presentaranse, por exemplo, senllas sesións de curtametraxes, unha das especialidades do máis recente cinema portugués, tanto por vocación -é o caso dos citados- como por necesidade, en tanto que resposta aos problemas económicos que viviu a cinematografía lusa nos dous últimos anos. O máis sorprendente é comprobarmos como esta crise tan profunda non afectou no máis mínimo á creatividade destes cineastas. Mesmo se podería dicir que constituíu todo un acicate. A crise económica é, sen ir máis lonxe, o tema dalgunhas das mellores películas portuguesas (e mundiais) da última tempada, dende Redemption, a curtametraxe de Miguel Gomes (aínda está recente o pase de Tabú no CGAI), ata ese ensaio con forma de diario que conforma E agora? Lembra-me, de Joaquim Pinto, pasando por O Gebo e a sombra, de Manoel de Oliveira. O gran patriarca do cine portugués (e, outra vez, mundial), Oliveira, está presente por partida dobre, co seu episodio do filme colectivo Centro histórico (en que tamén participa Pedro Costa xunto a Aki Kaurismäki e Víctor Erice, dous ocasionais portugueses de adopción) e co seu segmento para a película promovida por Guimarães 2012, unha iniciativa coincidente con O fantasma do Novais, Torres e cometas ou certas curtas de Pereira, Rodrigues ou Nicolau. Foron iniciativas como Guimarães 2012 ou Estaleiro (vinculada ao Festival de Vila do Conde) as que, ao apostaren polos formatos curtos, fixeron máis levadeira a travesía do deserto en que poderían terse convertido estes anos de 2012 e 2013 de non mediar a extraordinaria capacidade dos cineastas portugueses para se adaptaren ás circunstancias máis adversas. É xusto que este sexa un dos eixes deste ciclo.
Agradecementos: Crim Productions, Rodrigo Areias, O Som e a Furia, Terratreme, Fims Boutique, Pyramide Films, Splendor, Casa de Películas, Martin Pawley.
CINEUROPA: DAN SALLITT
En colaboración con: Cineuropa.
Unha ocasión única: descubrirmos dunha vez a obra completa dun dos segredos mellor gardados do cine independente norteamericano, Dan Sallitt (1955). Antigo crítico de cine en Los Angeles Reader, Sallitt dirixiu ata o momento tres longametraxes “profesionais”: Honeymoon (1998), All The Ships at Sea (2004) e The Unspeakable Act (2012), todas elas moi influídas polo cine europeo, desde Ingmar Bergman a Eric Rohmer, a quen está dedicada a súa, polo momento, última longametraxe. Nunha recente recensión para o Village Voice con motivo da presentación das súas películas no Anthology Film Archives de Nova York, o crítico Scott Foundas cualificaba a Sallitt como “o mestre modesto” e esas dúas palabras, mestría e modestia, son sen lugar a dúbidas as que mellor definen o seu cine: por exemplo, en The Unspeakable Act é capaz de tratar un tema tan delicado como altamente perigoso, o incesto, sen asomo ningún de escabrosidade, sen ánimo ningún de escándalo, ao contrario, con tanta sensibilidade como atención ás emocións dunha das mellores personaxes que nos ofreceu recentemente o cine americano (reparen na súa protagonista, Tallie Medel).
Agradecementos: Dan Sallitt.
DESENCADRES: ÚLTIMAS FRONTEIRAS
En colaboración con: Zeitun Films.
Fóra de toda delimitación, arredados do recadro evidente, os Desencadres da nova programación do CGAI aproveitan a estrea de dúas importantes e premiadas películas galegas: O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia e Costa da Morte de Lois Patiño. A sección da programación presenta un pequeno ciclo no que tanto o filme de Gracia, unha viaxe chea de sentido surreal da existencia e altas doses de humor en forma de, en verbas do seu autor, “traxicomedia do século XXI”, un título premiado en Rotterdam que recolle as pegadas do mito, e o de Lois Patiño, premio en Locarno, un poético percorrido por espazos de enorme beleza onde prima a moi particular relación entre imaxe e texto e mais a elaborada organización dos dispositivos formais, fanse acompañar doutras tres películas que, dalgún xeito, presentan espazos xeográficos e personaxes afastados diso que se deu en chamar a civilización moderna: o ermitán que habita nas Highlands escocesas de Two Years At Sea, de Ben Russell, ou o músico Robert AA Lowe que conforma o eixe dos tres episodios de A Spell To Ward Off The Darkness, a longametraxe froito da colaboración entre o propio Rivers e Ben Russell, o dúo ao que o CGAI e S8 Mostra de Cinema Periférico lle dedicaron un ciclo en xuño deste mesmo ano, película que agora se presenta como première en España. Os escenarios dos filmes de Rivers e Russell, tamén os dos de Gracia e Patiño, ben puideran ser os mesmos ata os que o artista canadense Michael Snow levou a súa cámara en 1971 para filmar, desde un dispositivo robotizado, a súa mítica La Région Centrale, que o catálogo do último Festival de Rotterdam definía como “a película experimental máis espectacular realizada en calquera lugar do mundo”.
Agradecementos: Lux, Rouge International.
CINE POLACO CONTEMPORÁNEO
En colaboración co Instituto Polaco de Cultura.
Logo dunha etapa triunfal, fundamentalmente entre os anos 60 e 80, presidido por unha importante tradición e nomes tan significativos como Agnieszka Holland, Krzysztof Kieślowski, Roman Polański, Jerzy Skolimowski ou Andrzej Wajda, o cine polaco entra nunha sorte de longa travesía polo deserto que lle crea dificultades de achegamento ao público durante décadas. No ano 2005 a creación do Instituto Cinematográfico Polaco permite relanzar a produción nacional, de dez a máis de cincuenta títulos anuais, co que se capta de novo o interese do público e se pasa de menos de medio millón de espectadores nese ano 2005 a case dez millóns en 2010. A canda isto, por moitos festivais internacionais transitan filmes de novos directores como Wojciech Smarzowski, Tadeusz Król, Jan Kidawa Błoński, Robert Gliński ou Borys Lankosz.
Agradecementos: Iwona Zielinska.
FÓRA DE SERIE:
Proxectamos a segunda película de Jonás Trueba, Los ilusos, versión da novela póstuma de Rafael Azcona, con presentación do propio autor. Segue a empregar o escalpelo implacable o austríaco Ulrich Seidl, esta vez coa triloxía Paraíso. Do irlandés Duncan Campbell amosamos dous dos seus documentais de intervención. Recuperamos as curtametraxes pendentes dos Premis Gaudí e A World not Ours, o filme tan íntimo e poético coma político de Mahdi Fleifel, que nos achega ao campo de refuxiados palestino do sur do Líbano, clave na súa vida.
Agradecementos: Jonás Trueba, Fran Gayo, Centro Niemeyer, Academia Galega do Audiovisual.
OFF GALICIA:
Continuamos co percorrido polas novidades presentes no cine galego contemporáneo. A aproximación ao mundo do teatro é a esencia de Onde as rúas non teñen nome de Alba Vázquez. Up Against the Wall Motherfuckers!, un valioso traballo de metraxe histórica, ten un dos seus artífices, o montador Marcos Florez, establecido entre nós. A Raia descobre a figura dun singular camarógrafo e cineasta, Iván Castiñeiras. Seguen os documentais musicais da serie “Tolemias”, nesta ocasión con outro traballo de Segundo Grandío, Alma e industria, produción de Casa de Tolos e da canle de televisión R. Alberte Pagán filma en A realidade a Colombia da guerra civil a modo de noticiario independente e o espectador topa con múltiples sorpresas, sempre fronte a verdades oficiais. Por último, Simone Saibene, residente en Ourense, crítico, programador e director, mostra a súa primeira longametraxe galega, 9 Olas, outro relato de movemento e desasosego.
Agradecementos: Alba Vázquez, Fernando Dacosta, Claudio Pato, Marcos Florez, Samuel M. Delgado, Iván Castiñeiras, Segundo Grandío, Luis Martínez, Alberte Pagán, Simone Saibene.