Estas son as películas de decembro do Centro Galego de Artes da Imaxe. – Revelamos a unha das figuras do cine independiente norteamericano, DAN SALLITT (1955), autor de tres longametraxes: Honeymoon (1998), All The Ships at Sea (2004) e The Unspeakable Act (2012), pezas moi influidas polo cine europeo, desde Ingmar Bergman a Eric Rohmer.
– Segue o ciclo de cine portugués contemporáneo (Cine do desasosego), coas proxeccións de E AGORA? LEMBRA-ME (2012) de Joaquim Pinto; O GEBO E A SOMBRA (2012) de Manoel de Oliveira; A ÚLTIMA VEZ QUE VI MACAU (2012) de Joâo Pedro Rodrigues e Joâo Rui Guerra da Mata, así como as curtametraxes REDEMPTION (2013) de Miguel Gomes e os traballos curtos de Joâo Pedro Rodrigues.
– Na sección DESENCADRES, destinada a traballos iconoclastas, fóra do recadro evidente, especial ÚLTIMAS FRONTERAS, que permite presentar dúas produccións galegas premiadas este mesmo ano en Rotterdam (O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER de Alberto Gracia) e Locarno e Sevilla (COSTA DE MORTE de Lois Patiño), ademais de filmes que presentan espazos xeográficos e/ou personaxes alonxados do que se deu en chamar civilización moderna: A SPELL TO WARD OFF THE DARKNESS de Ben Rivers e Ben Russell; TWO YEARS AT SEA de Ben Russell ou a lendaria LA RÉGION CENTRALE de Michael Snow.
– Fóra de serie: estreamos A WORLD NOT OURS de Mahdi Fleifel.
– OFF GALICIA: estreas de A REALIDADE de Alberte Pagán e NOVE OLAS do italiano Simone Saibene.