PROGRAMACIÓN DO CULTURGAL 2014

27 / 11 / 2014

Xa quedan poucos dí­as para que Culturgal 2014 abra as súas portas. Do  venres 5 ao domingo 7 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra  desenvolveranse 150 actividades dos máis diversos ámbitos da cultura  galega: literatura, música, artes escénicas, cinema, novas tecnoloxí­as,  artes plásticas e visuais, gastrocultura… Tres días moi intensos para  a nosa lingua e para a nosa cultura nos que públicos diversos, desde os  picariños en cueiros até os profesionais e programadores, terán a  oportunidade de coñecer as novidades máis recentes que presentan 70  expositores dos diferentes eidos da nosa cultura. Tres xornadas para compartir e gozar do entusiasmo dunhas industrias culturais que lonxe de  calquera conformismo constrúen nun contorno moi difícil o seu proxecto  desde a corresponsabilidade e a autoestima.

A continuación atopardes o programa desta edición do Culturgal.

Categoría: Novas
Etiquetas: