PROGRAMA CINE E FOTOGRAFÍA NO CGAI

10 / 12 / 2012

Ábrese o prazo para participar en Cine e Fotografía en curso, programa de difusión e pedagoxía da creación, coordinado en Galicia polo CGAI, que se dirixe a alumnos de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Cine e Fotografía en Curso é un proxecto que integra diferentes axentes e ámbitos: museos e centros de arte, profesionais do cine e fotógrafos, mestres e profesores, centros educativos, barrios e municipios.

Esta convocatoria de Cine e Fotografía en curso é especialmente interesante para todos os centros interesados en metodoloxías pedagóxicas innovadoras e na introducción da creación artística na aula. Tamén é unha mostra privilexiada de como se poden vehicular transversalmente contidos de materias e disciplinas diversas a través do traballo co cine e a fotografía.


Os centros educativos que queiran participar pódense poñer en contacto co CGAI a través do correo electrónico info@cgai.org ou nos teléfonos 881 881 269 / 881 881 260.

Un dos labores esenciais do CGAI é contribuír na formación dun público sensible e inquedo, interesado por descubrir manifestacións artísticas e culturais diversas, espectadores creativos, capaces de xuízo autónomo e con afán de coñecemento. O obxectivo é que os alumnos aprendan a ser espectadores capaces de analizar os procesos creativos e expresivos das artes da imaxe e, sobre todo, que aprendan a gozar (porque tamén o deleite, tal vez aínda máis que calquera outra cousa, procede dunha aprendizaxe) dunha aproximación sensible ao cine e á fotografía, ás súas materias, ás súas formas e ás súas emocións. Son programas que propician o achegamento dos alumnos á arte como algo vivo e vital, algo que lles fala e onde teñen cousas que dicir.
 
O programa desenvólvese a través de 4 eixos de actuación:

  1. Formación aos docentes.
  2. Obradoiros nos centros educativos a partir da formación impartida a docentes e coa participación puntual de fotógrafos e profesionais do cine.
  3. As web www.fotografiaencurso.org <http://www.fotografiaencurso.org>  e www.cineencurso.org <http://www.cineencurso.org>  con recursos e materiais, así como os blogs dos proxectos en que se poden seguir todas as prácticas que se están a levar a cabo desde diferentes lugares (Galicia, Cataluña, Brasil e Arxentina)
  4. Programación cinematográfica


Esta convocatoria de Cine e Fotografía en curso é especialmente interesante para todos os centros interesados en metodoloxías pedagóxicas innovadoras e na introdución da creación artística na aula. Tamén é unha mostra privilexiada de como se poden vehicular transversalmente contidos de materias e disciplinas diversas a través do traballo co cine e a fotografía.

Categoría: Novas
Etiquetas: