Principais propostas do debate do sector audiovisual

1 / 12 / 2015

Catro dos candidatos ao parlmento español por Galicia participaron no debate sobre o sector audiovisual promovido pola Academia Galega do Audiovisual, un debate celebrado no auditorio da Facultade de Xornalismo. O debate estivo presentado e moderado por Irene Lourido, integrante da directiva da AGA.

Os participantes no debate foron, por orde de intervención, Ángela Rodríguez de En Marea-Podemos, Miguel García Mira de PSG-PSOE, Isabel Risco de Nós-Candidatura Galega, e Juan de Dios Ruano do Partido Popular. O candidato de Ciudadanos excusou á horas antes a súa participación por un problema familiar.

Na primeira parte debate, os catro participantes ofreceron unha serie de medidas relativas sobre todo ao sector audiovisual e á televisión, medidas que teñen que ver co IVE cultural fundamentalmente con reformular os cometidos de institucións como o ministerio de Cultura

Deixámosvos tamén o streaming do debate por se non puidéchedes asistir e queredes saber todo o que alí se falou.

 

Principais propostasou argumentos dos candidatos

 

Anxela Rodríguez (En Marea)

  • Creación do Ministerio de Cultura e Comunicación.
  • Rebaixa do IVE Cultural.
  • Destinar o 18% do que se recaude por impostos de carácter cultural ao sector.
  • Ley de mecenado
  • Unha televisión pública de calidade.
  • Estatuto propio para profesionais da cultura.

 

Ricardo García Mira (PSOE)

  • Programa para o sector seguindo os modelos europeos, como o francés, con criterios culturais e non comerciais.
  • Redución do IVE ata o 4%.
  • A excepción cultural, interese social e non de mercado.
  • Recuperación nos planos de estudos da cinematografía e da música.
  • Programa de axudas a creación, distribución e promoción de cine e teatro realizado por mulleres.
  • Promoción de atraer rodaxes a España por incentivos fiscais
  • Incentivos fiscais para o cine español en liña coa Unión Europea

 

Isabel Risco (Nós – Candidadatura Galega)

  • Pular por xerar consciencias críticas desde o nivel máis básico
  • IVE do 4% para a cultura como para as cousas básicas.
  • Redución da duplicidade de organismos como o ministerio de Cultura.
  • Considerar ao cultural un sector como o gandeiro ou pesqueiro.
  • Creación do consello do audiovisual en Galicia.
  • Invertir na cultura galega o que xera a cultura galega.

 

 

Juan de Dios Ruano (Partido Popular)

  • Lei do patrimonio cultural inmaterial
  • Nova lei do cine para reducir o 15% dos gastos financeiros dos produtores.
  • Programas de alfabetización mediática e dixital no ensino (xa iniciado).
  • Protección dos dereitos dixitais dos autores.
  • Posta en marcha dun 50% máis de leis que na lexislatura anterior.
  • Solución do 95,5% dos expedientes por piratería.

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: