Primeiros pasos para a creación dunha coordinadora de festivais audiovisuais galegos

29 / 07 / 2015

Preto de vinte responsables de festivais audiovisuais galegos, convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acordaron onte en Santiago crear unha coordinadora que lle dea maior visibilidade aos festivais que se están a realizar en Galicia.

Os directores presentes na xuntanza apoiaron a creación dun calendario común de festivais. Tamén valoraron a importancia de prestarse apoio técnico e xurídico, e de constituírense como unha única voz ante as administracións.

A nova coordinadora servirá para que os distintos certames aproveiten sinerxias, compartan experiencias e se reforcen mutuamente.

 

IMG_6021

Categoría: Festivais / Novas
Etiquetas: