Primeiros pasos do estudo da situación actual sobre a presenza e participación das mulleres no sector cultural

12 / 07 / 2016

A Academia Galega do Audiovisual xunto coa Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Escena Galega e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas promoven, xunto coa Secretaría Xeral de Igualdade, un estudo da situación actual sobre a presenza e participación das mulleres no sector cultural, nomeadamente nas áreas profesionais do audiovisual e das artes escénicas, así como as condicións laborais e o acceso aos recursos entre homes e mulleres no sector.

Deixámosvos toda a información sobre este compromiso publicada na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Categoría: Análise / Novas
Etiquetas: