OUFF, O Festival de Cine Internacional de Ourense, en asociación co Programa Europeo EAVE, presenta todos os anos tres Masterclasses adicadas a profesionais e profesores de escolas de cine do audiovisual galego e internacional.
INSCRICIÓN NAS MASTERCLASSES
Obradoiro de Formación Profesional Internacional con 60 prazas limitadas para participantes, profesionais ou profesores, coa orde prioritaria da inscrición no enderezo electrónico documentacion@ouff.es,indicando o nome, apelidos, enderezo,e-mail. Por asegurar as participacións e evitar deixar prazas baleiras pídese un ingreso bancariosimbólico de 30 € na conta nº 20800252190040038179 do Festival de Cine de Ourense /Caixanova. Ao remate das Masterclasses, entregarase un diploma acreditativo. Centro Cultural Deputación de Ourense.
Máis información: http://www.ouff.org/ / TEL: + (34) 988 224 127
PROGRAMA:
Luns 12 de Outubro:
10:00 –10:30 PRESENTACIÓN DO EAVE/OUFF MASTERCLASSES Kristina Trapp, Vicediretora EAVE / Enrique Nicanor, Coordinador Nacional EAVE
10:30h- 14:00h. Masterclass 1: `Saltando da produción de curtas ás longametraxes´.
Impartida por Jean des Forets, Francia. Experto deo programa EAVE / MEDIA, Productor, Membro da Academia de Cine Francesa e Membro da Academia de Cine Europeo.
Martes 13 de Outubro:
10:00h- 13:00h. Masterclass 2: `Co-producindo e distribuíndo en Europa´. Impartida por Olimpia Pont Chaffer. Experta do EAVE e no programa MEDIA. Dende marzo de 2008 traballa para a sociedade de vendas internacionais Coproduction Office nas sés de Berlin e Paris, onde desenvolve tarefas de coordinación de festivais, prensa onde actualmente é a responsable de marketing e de vendas para os países de fala hispana.
13:00h-14:00h. Proxeción de “Birmania VJ” de Linse Lense Möller.
Mércores 14 Outubro:
10:00h-14:00h. Masterclass 3: `Desenvolvemento de Produción Documental Internacional´
Impartida por Lise Lense Möller, Dinamarca. Productora experta de EAVE, Programa MEDIA. Productora de “Birmania VJ”. Documental en competición OUFF 2009.
SESIÓN ESPECIAL:
Xoves 15 Outubro:
Sesión Especial 1.12:00h-14:00h ‘OS FONDOS REXIONAIS EUROPEOS DE AXUDA AO AUDIOVISUAL´
Conferencia de: Gabriele Röthemeyer. Responsable do Fondo Audiovisual do Lander Baden-Württemberg (Alemaña) Experta do programa EAVE e Coordinadora alamana. A estrutura de axudas as producións audiovisuais en Alemaña de acordo cos proxectos de desenvolvemento europeos / As políticas de co produción con outras rexións europeas. Principios da coprodución entre rexións e países. Fondos e criterios de disponobilidade entre rexións.