PRESENTACIÓN DE UNHA VIAXE POR… DENTRO DE OFF GALICIA NO CGAI

6 / 10 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta, éste sábado día 8 de outubro (18.00 horas), dentro da súa sección da programación OFF GALICIA, en colaboración co Colexio de Arquitectos, Unha viaxe por…1929-2009 (2010) de Pablo Gallego Picard. Con motivo da celebración da Semana da Arquitectura (3-9 de outubro), celebrada en torno ao Día Mundial da Arquitectura (3 de outubro), o arquitecto Pablo Gallego ofrece un diálogo a modo de retorno aos lugares de filmación d’Un viaje por Galicia (1929) de Luis R. Alonso (a restauración deste filme documental ten especial significado, xa que representou a estrea do CGAI hai 20 anos). Mediametraxe documental muda, preséntase con acompañamento musical en directo a cargo de Xurxo Souto e Pulpiño Viascón. A sesión inclúe varias pezas complementarias. Haberá un coloquio posterior co autor e o xornalista Xosé Manuel Pereiro. A entrada é gratuíta.   

 

UNHA VIAXE POR…1929-2009   

(España, 2010)
Dirección, guión, fotografía e produción: Pablo Gallego Picard. Duración: 38 minutos.  
Regreso oitenta anos despois aos lugares de filmación d’Un viaje por Galicia (1929) de Luis R. Alonso a cargo do arquitecto Pablo Gallego Picard. A sesión -motivada polas celebracións da Semana da Arquitectura organizadas polo COAG en torno ao Día Mundial da Arquitectura-, inclúe a proxección de material complementario á peza e algunhas estimulantes sorpresas.

Categoría: Novas
Etiquetas: