PRESENTACIÓN DE PENÍNSULA XY, NOVO PROXECTO DE JUAN LESTA E BELÉN MONTERO

27 / 10 / 2011

Este venres, dentro da Mostra de Ciencia e Cinema de A Coruña presentarase “Península XY”, novo proxecto de Juan Lesta e Belén Montero, un diario de viaxe dixital en vídeo xeoposicionado, cuxas coordenadas crúzanse en Galicia.

Gravado en timelapse a partir de máis de 40.000 fotografías, permite visualizar en breves minutos a riqueza cultural e paisaxísticas da nosa península, viaxando dende a saída do sol en Cap de Creus ou Ponta de Sagres, á posta en Cabo Fisterra ou Estaca de Bares, trazando dous eixos X e Y na xeografía peninsular.

Na presentación, ademais da proxección dos vídeos, mostrarase o sistema web que permite xeoposicionar cada fragmento do vídeo no mapa, ademais de acceder á información adicional que conforma un diario de viaxe dixital.

A cita é na Fundación Rodríguez Iglesias este venres, 28 de outubro, ás 18.00h. A partir dese mesmo día poderase comezar a desfrutar do proxecto na web peninsulaxy.net, na que se poderán ver os vídeos e acceder á información ampliada, ou comentar aqueles puntos destacados das viaxes.

 

 

 


Categoría: Novas
Etiquetas: