PRESENTACIÓN DE “A CUARTA PAREDE” NO CGAI

9 / 02 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta hoxe mércores día 9 de febreiro (2 pases: 18.00 e 20.45 horas) a produción de Luis Miñarro AÍTA (2010) de José María de Orbe, premiada no Festival de San Sebastián. Aproveitando a circunstancia, o crítico cinematográfico Víctor Paz, un dos directores –xunto a Eloy Domínguez- da nova publicación cinematográfica dixital A CUARTA PAREDE (www.acuartaparede.com) presentará a sesión (20.45 horas). A publicación, entre outros contidos de actualidade, inclúe unha longa entrevista con Miñarro. A Cuarta Parede é a primeira revista dixital en galego de crítica cinematográfica. Comezou a súa andaina o pasado venres e en só cinco días xa acadou máis de 3.000 visitas. Os contidos máis lidos deste número inaugural son o especial que a publicación lle dedica ao cinema luso, os dous artigos sobre os irmáns Coen a conto da estrea do seu filme True Grit e as entrevistas á directora Peque Varela e ao produtor Luís Miñarro, a quen o CGAI lle dedica un ciclo estes días.


 

Categoría: Novas
Etiquetas: