Premio Revelación Chano Piñeiro
Coa concesión deste galardon, a Academia quere destacar profesionais, iniciativas ou fitos no audiovisual galego merecentes dun recoñecemento ao seu potencial dentro da industria.
A Academia tamén quere honrar con este galardón a memoria do director de Sempre Xonxa, primeira longametraxe galega rodada en 35 mm. A súa estrea coincidiría, en 1989 con Urxa de Carlos A. López Piñeiro e Continental de Xavier Villaverde, fito que está considerado o momento inaugural da industria cinematográfica galega.
Está é a relación de premiadas e premiados:
Celso Bugallo
Actor (2003)
Ricky Morgade
Director de fotografía (2004)
Chano Piñeiro
Cineasta (2005)
Oliver Laxe
Cineasta (2011)