Premio de Honra Fernando Rey
O premio Fernando Rey recoñece a traxectoria de profesionais cunha especial relevancia para o sector audiovisual. O galardón entrégase cada ano no transcurso da gala dos Premios Mestre Mateo.
Nado na Coruña no 1917, a carreira do actor Fernando Rey abrangue máis de catro décadas, e destacou polo seu traballo en películas de grandes directores como Luis Buñuel, William Friedkin, Orson Welles ou Franco Zefirelli, obtendo un notable recoñecemento internacional. Grazas ao seu inconfundible estilo está considerado un dos grandes intérpretes do cinema europeo.
A relación de persoas merecentes do premio Fernando Rey ao longo da súa historia foron:
Eva Veiga
Xornalista, poeta e actriz (2024)
Nani García
Compositor de bandas sonoras (2023)
Margarita Ledo
Investigadora, xornalista e cineasta (2022)
Manuel Lourenzo
Intérprete e docente (2021)
José María Rodríguez Armada, Chema
Proxeccionista (2020)
Mela Casal
Actriz (2019)
María Bouzas
Actriz (2018)
Marta Villar
Directora de arte (2017)
Xavier Villaverde
Cineasta (2016)
Fely Manzano
Actriz (2015)
Manolo González
Docente (2014)
Xabarín Club
Programa de TV (2013)
Dolores Ben
Fundadora de Sonidor e Cinemar Films (2012)
Luís Tosar
Actor (2011)
Enrique Banet
Director de fotografía e realizador (2010)
Suso Montero
Director de arte (2009)
Ernesto Chao
Actor (2008)
Pedro Amalio López
Realizador (2007)
Marcial Lens
Cineasta (2006)
Equipo Lupa
Cineasta (2005)
Luis Álvarez Pousa
Docente (2004)
Víctor Ruppen
Produtor (2003)