Premios Mestre Mateo
Desde o 2003 estes galardóns recoñecen as mellores producións audiovisuais do ano e o traballo dos e as profesionais que forman parte dos seus equipos técnicos e creativos. Reciben o seu nome do arquitecto e escultor galego, artífice do Pórtico da Gloria, unha anticipación audiovisual do Románico onde profetas, apóstolos e seres monstruosos parecen cobrar vida. O trofeo, deseñado por Laura Blanco, é unha peza orixinal que reproduce o Santo dos Croques, considerado unha autorrepresentación do propio Mestre Mateo.
A gala anual de entrega de premios é o punto de encontro por excelencia do sector audiovisual galego.