O vindeiro venres 22 de abril ás 19:30 horas terá lugar unha presentación do proceso de acreditación de competencias para profesionais do sector audiovisual, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña.
Ángel Cordero e Juan Bellón, docentes do CIPF de Imaxe e Son da Coruña, explicarán a acreditación de competencias, un procedemento que sirve para recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
O acto está aberto a aquelas persoas que desexen acreditar a súa experiencia, para poder obter titulacións oficiais das competencias profesionais que lles correspondan como froito da súa traxectoria laboral dentro do sector audiovisual. A acreditación de unidades de competencia realízase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.
Organizada pola Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coa Asociación Ánimas Anóminas e a CIPF de Imaxe e Son da Coruña e co apoio do Concello da Coruña, a asistencia á presentación é de balde, ata completar capacidade.