A Semana das Músicas do Audiovisual-SEMUÁ é un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais.
Baixo a dirección artística de Nani García presenta, cada ano, un suxestivo programa que pon o foco no traballo dos profesionais da composición, produción e interpretación das músicas que acompañan as obras audiovisuais.
Na súa cuarta edición a SEMUÁ adicará unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid que dirixirá á Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Colón, nun programa no que serán interpretadas algunhas das súas partituras máis coñecidas. A oferta de música en directo retoma os Concertos da Banda Municipal de Música de A Coruña, despois do éxito colleitado en 2018. Unha proposta para público familiar que se repetirá en dúas sesións para o alumnado dalgúns centros educativos da cidade.
Ademáis, na Semana das Músicas do Audiovisual a formación volve a ser protagonista, cun obradoiro impartido polo compositor e produtor musical hispanoarxentino Lucio Godoy.
DOMINGO 27
12:30 – 13:30 horas
Concerto en Familia. Dirixe: David Fiuza.
-Bernaola, banda sonora dunha xeración. Obras de Carmelo Bernaola 9’50”
-Benvido mr. Marshall (Luis García Berlanga, 1953) 4’
-Capitán Trueno (Antonio Hernández, 2011) 10’
-Short Stories (Hugo de la Riva, 2012) 18’
-Rafael Azcona. Pasodoble (José Luis García Sánchez, 1988) 4’15”
Interpretado pola Banda Municipal de Música de A Coruña.
Teatro Colón, A Coruña.
Entrada de balde ata completar capacidade.
LUNS 28
10:00 – 11:00 horas
Concerto Didáctico. Dirixe: David Fiuza.
Destinado a alumnado de diferentes centros educativos de A Coruña. Interpretado pola Banda Municipal de Música de A Coruña.
Teatro Colón, A Coruña
Actividade gratuíta. Inscricións aquí.
MARTES 29
10:00 – 11:00 horas
Concerto Didáctico. Dirixe: David Fiuza.
Destinado a alumnado de diferentes centros educativos de A Coruña. Interpretado pola Banda Municipal de Música de A Coruña.
Teatro Colón, A Coruña
Actividade gratuíta. Inscricións aquí.
XOVES 31
18:00 – 20:30 horas
Masterclass ‘O proceso creativo nas bandas sonoras para cine e televisión’. Imparte: Lucio Godoy
Nesta masterclass exploraremos as distintas fases que se percorren dende o silencio musical ata a banda sonora definitiva, a través de exemplos prácticos con composicións do propio Godoy. Unha excepcional ocasión de mergullarnos no seu proceso creativo e descubrir as numerosas aportacións que as bandas sonoras atribúen ás obras audiovisuais.
Centro Ágora da Coruña.
Actividade gratuíta, previa inscrición a través do enderezo de correo actividades@academiagalegadoaudiovisual.gal.
VENRES 1
20:30 – 22:00 horas
Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, cun programa de bandas sonoras de cinema ‘As Nosas Músicas’. Dirixe: Federico Jusid
Federico Jusid
-Suite da saga Isabel, Carlos Rey Emperador e La corona partida (Jordi Frades, 2016) 8′
-Suite Watership Down. Watership Down (Noam Munro, 2018) 8′
-Suite de La cara oculta. La cara oculta (Andrés Baiz, 2011) 9′
-El secreto de sus ojos (Juan José Campanella, 2009) 3′
-Misconduct (Shintaro Shimosawa, 2016) 5′
-Neruda (Pablo Larraín, 2016) 4′
-Life itself (Dan Fogelman, 2018) 3′
-Altamar (Carlos Sedes, Lino Escalera, 2019) 2′
Manu Riveiro
-Aurora. Pedro e o capitán (Pablo Iglesias, 2008) 5′
-Meñique y el espejo mágico. (Ernesto Padrón, 2014) 18′
Pablo Barreiro
-Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) 8′
Teatro Colón, A Coruña
Entrada 10€. Venda de entradas: Ticketea, 902 044 226, billeteira da Praza de Ourense e billeteira do Teatro Colón (antes do evento, se quedan entradas dispoñibles).
FEDERICO JUSID
O pianista, compositor e director de orquestra arxentino Federico Jusid compuxo a banda sonora para máis de sesenta películas e máis de trinta series de televisión de todo o mundo, entre as que destacan títulos tan célebres como El secreto de sus ojos, Gran Reserva, Loving Pablo, Fariña, Bajo sospecha, La vida inesperada, Misconduct ou a saga Isabel, Carlos Rey Emperador e La corona partida, pola que obtivo tres premios internacionais Film Music Critics. En 2016 foi distinguido como Compositor do Ano pola Asociación de Críticos de Música de España.
Realizou xiras como solista, intérprete de cámara e director por Europa, Asia, África e América, actuando en auditorios tan prestixiosos como o Carnegie Weil, a Sala da Filarmónica de San Petersburgo, o Teatro Colón de Bos Aires ou o Auditorio Nacional de España.
LUCIO GODOY
O compositor e produtor musical hispanoarxentino formouse no conservatorio de Bos Aires e na Universidade de Berklee e, desde 2013, dirixe o Máster de Composición Musical para Cine, Televisión e Videoxogos na delegación valenciana da devandita universidade norteamericana.
Na súa dilatada traxectoria, compuxo máis de cincuenta bandas sonoras para longametraxes como Los Lunes al Sol, Triage, Los girasoles ciegos, El corredor nocturno, Intacto ou El Aura. Tamén traballou facendo a produción musical das bandas sonras de filmes como Mar adentro, Los otros, Todo sobre mi madre, Los amantes del círculo polar e Mi vida sin mi, entre outras.