DATA E LUGAR:
Sábado 24 de novembro de 10h a 20h
Centro Ágora. Lugar da Gramela, 17. A Coruña.
PREZOS:
Público xeral: 5€
Socias e socios da Academia Galega do Audiovisual: GratuítoA comunicación en internet está cada vez máis encamiñada ao formato visual e, na actualidade, os GIFS animados constitúen, en si mesmos, un novo formato de comunicación. A popularización do uso de smartphones, sitios de descarga e plataformas como GIPHY, teñen contribuido de xeito determinante á súa popularización, especialmente entre a xente nova, grazas ao seu fácil uso e o enorme catálogo de GIFs gratuítos que existen na actualidade. Millóns de GIFs son compartidos todos os días.
O patrimonio audiovisual pertence a todas e todos e contén información esencial que forma parte da nosa historia e identidade cultural e os GIFs animados son unha maneira orixinal e novidosa de reivindicalo e compartilo.
GIFATON. Novos formatos de difusión do patrimonio audiovisual galego é un proxecto formativo que culminará coa creación dun repositorio de GIFs de obras senlleiras da historia do noso audiovisual, partindo de obras gañadoras dos Premios Mestre Mateo en diversas categorías e películas clásicas conservadas no arquivo do CGAI-Filmoteca de Galicia.
Esta actividade, dirixida a calquera persoa que desexe familiarizarse co universo GIF, mediante sinxelas técnicas de composición e principios básicos de animación, contribuirá á formación dos profesionais e as persoas interesadas nas actividades do sector audiovisual ao tempo que axudará a visibilizar o patrimonio audiovisual galego, reivindicando o valor das imaxes de arquivo como parte integrante da nosa identidade.
ORGANIZA a Academia Galega do Audiovisual, co apoio do Concello de A Coruña , coa colaboración do CGAI – Filmoteca de Galicia e do LAIC, Laboratorio Audiovisual de Coruña Dixital.
10:00h: Benvida e Presentación.
10:15h: MICRONARRATIVAS NA REDE. Sesión formativa a cargo de María Yáñez sobre a linguaxe dos GIFs, a súa historia, os seus usos, etc. Ademais, serán postas en común diferentes liñas de traballo e propostas narrativas para ser levadas á práctica durante a xornada no proceso de creación de GIFs.
12:00h: Formación de equipos de traballo.
12:15h: OBRADOIRO PRÁCTICO. Sesión formativa a cargo de Brais Romero sobre o uso de software específico para a edición de video e creación de GIFs.
13:00h: Os grupos comezarán a traballar cos materiais audiovisuais proporcionados pola organización. Á vez que os GIFs sexan creados, estes serán subidos ás plataformas online habilitadas pola Academia, dando forma ás diferentes narrativas.
14:00h: Realizarase unha pausa para xantar. Esta comida correrá a cargo da organización.
15:00h: A xornada continuará coa mesma dinámica.
19:00h: Visionado conxunto das creacións feitas polos alumnos.
19:30h: Clausura.
*A organización facilitará a cada participante o equipo informático e o software necesario para o desenvolvemento da actividade.
A Academia poñerá á disposición dos participantes as seguintes obras, todas elas galardoadas cun premio Mestre Mateo, para seren utilizadas durante a xornada na creacións dos GIFs.
LONGAMETRAXES
Trece badaladas
O lápis do carpinteiro
O ano da carracha
León y Olvido
Un franco 14 pesetas
O neno de barro
Os mortos van ás presas
Cela 211
18 Comidas
Doentes
O Apóstolo
Somos xente honrada
O descoñecido
María (y los demás)
SERIES DE TV
Pratos combinados
As leis de Celavella
A vida por diante
Air Galicia
Padre Casares
Matalobos
Era Visto!
Serramoura
SERIES WEB
Angélica y Roberta
Entre Pipas
El método sueco
Galicia Crime
Peter Brandon
Grazas á colaboración co CGAI, os participantes do GIFATÓN terán tamén á súa disposición as seguintes obras, pertencentes ao arquivo da Filmoteca, para seren utilizadas na creacións dos GIFs
ARQUIVOS CGAI – Filmoteca de Galicia
Vigo e arredores (1926)
Tintorería España (1927)
Pontevedra, cuna de Colón (1927)
Talleres Alonarti (1928)
Galicia y Buenos Aires (1931)
Porriño en Buenos Aires (1942)
Un viaje por Galicia (1958)
Castelao en Buenos Aires (1972)
BRAIS ROMERO
Director da revista A Cuarta Parede, crítico de cinema e investigador audiovisual. I Premio María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual na categoría de ‘Mellor videoensaio sobre audiovisual galego’ por ‘Films from Galicia (?)’ e dúas veces accésit na categoría de ‘Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego’, traballa a cotío no campo do videoensaio con traballos como ‘Galicia filmada desde fóra’ ou ‘Un filme galego de emigración’. Ten traballado como monitor para a Asociación de Altas Capacidades de Galicia, así como formador para o Centro Autonómico de Formación e Innovación. Na actualidade está a traballar na súa tese de doutoramento sobre a lingua galega na ficción galega dos últimos anos
MARÍA YÁÑEZ
Xornalista, investigadora e produtora de contidos dixitais, cunha traxectoria de máis de quince anos en cine, televisión e internet, sobre todo explorando as interseccións entre estes medios. É especialista en narrativas interactivas e transmedia, en contido web e en distribución e promoción audiovisual en internet. Traballa de xeito independente como docente de novas narrativas dixitais e documental interactivo, e tamén deseñando e executando estratexias de contidos dixitais e comunicación online para distintos proxectos relacionados co audiovisual