A Academia Galega do Audiovisual presenta unha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión O tema será as novas formas de facer cine en España.
Eduardo Chapero-Jackson, director de “Verbo”, e Nacho Vigalondo, director de “Los Cronocrímenes” e “Extraterrestre”, impartirán sendas masterclass os días 21 de decembro e 22 de decembro respectivamente, no Auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela, en horario de 16.00 a 20.00h.
Poderase asistir a ambas sesións ou só a unha, e en ambos casos entregarase un diploma de asistencia. Os interesados terán que cubrir o formulario de inscrición adxunto e enviárnolo antes do luns, 19 de decembro. As prazas serán limitadas para garantir a calidade das masterclass.
Documentos: