VIII Encontro de Academias
Xornadas de encontros profesionais entre representantes das diferentes academias de cine e audiovisual presentes na Península Ibérica, un punto de encontro adicado ao debate, análise e intercambio de ideas e propostas ante os retos de futuro que afectan ao sector audiovisual.
A Academia Galega do Audiovisual é a anfitrioa da VIII edición do encontro que se celebra na cidade de Ourense grazas ao apoio da Deputación provincial.
Academias participantes:
Academia de Cine de Andalucía
Academia del Cine Aragonés
Academia del Cinema Catalá
Academia de Cine de Extremadura
Academia Galega do Audiovisual
Academia Portuguesa de Cinema
Academia Valenciana de l´Audiovisual
Entidades convidadas:
Ministerio de Cultura
Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España
Écija Abogados
PROGRAMA
Do 1 ao 3 de outubro de 2024.
Centro Cultural Marcos Valcárcel. Rúa do Progreso, 30. 32003 Ourense.
MARTES · 1 de Outubro
19:30 h. Presentación Lugares de Interese Cinematográfico (LIC).
MÉRCORES · 2 de Outubro
10:00 h. Apertura do encontro.
10:15 h. – 11:00 h. Presentación da Unidade de prevención contra as violencias no sector cultural do Ministerio de Cultura e a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.
Interveñen Lucía Morale, asesora do Ministerio de Cultura e Inés Enciso, Coordinadora da área de Desenvolvemento e Investigación da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.
Sesión aberta ao público e emitida en streaming.
11:15 h. – 12:00 h. Presentación do Departamento contra os abusos no sector audiovisual e das artes escénicas de Cataluña.
Interveñen Neus Pérez, coordinadora do departamento e Laia Aubia, directora da Acadèmia del Cinema Català.
Sesión aberta ao público e emitida en streaming.
12:00 h.- 12:30 h. Pausa
12:30 h. – 13:30 h. Presentación do Protocolo de prevención e medidas contra o acoso por razón sexual, de xénero e/ou abuso de poder dentro do ámbito laboral das artes escénicas e audiovisuais valencianas.
Intervén Sara Mansanet socia da Acadèmia Valenciana de l’Audiovisual e secretaria de CIMA.
Sesión aberta ao público e emitida en streaming.
14:00 h. – 16:00 h. Pausa.
16:30 h. – 18:00 h. Xuntanza das Academias participantes no encontro. Sesión de traballo.
XOVES · 3 de Outubro
10:00 h.- 12:00 h. Sesión de traballo das Academias participantes no encontro e conclusións.
10:30 h. – 12:30 h. Sesión informativa sobre o terceiro Convenio de técnicos da industria audiovisual.
Interveñen Carlos Carril e Jaime Otero mánagers da área laboral de Écija Abogados. Modera: Javi Lopa, director de produción e membro da Acaemia Galega do Audiovisual.
Sesión aberta ao público.
As sesións abertas ao público son de entrada libre ata completar capacidade.
As sesións en streaming poderán seguirse na páxina web da Academia Galega do Audiovisual.
Programa VIII encontro
Co apoio de: