No 2014 o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), foi novamente a sala elixida para proxectar aos gañadores na VI edición dos Premis Gaudí que se celebraron o pasado mes de febreiro en Barcelona, froito da colaboración entre a Academia del Cinèma Català e a Academia Galega do Audiovisual. Conseguiuse, unha vez máis, un achegamento cultural e audiovisual a través das obras dos respectivos premios.
Proxección das longametraxes gañadoras nos VI Premis Gaudí
O CGAI de A Coruña acolleu un ano máis, como xa se indicou, a exhibición das producións en formato longo galardoadas nesta edición do 11 ao 13 de marzo.
O martes, día 11 de marzo ás 20.00h proxectouse “Carta a Eva”, de Agustí Villaronga, gañadora do Premio Gaudí á Mellor Película para Televisión.
O mércores día 12 houbo unha sesión doble, ás 18.00h con “Mon Petit”, de Marcel Barrena, gañadora ao Mellor Documental; e ás 20.30h da man de “La Plaga”, de Neus Ballús, gañadora á Mellor Película, Mellor Director (Neus Ballús), Mellor Guión (Neus Ballús e Pau Subirós) e Mellor Montaxe (Neus Ballús e Domi Parra).
Para rematar o ciclo, o día 13 de marzo chegou “Todos queremos lo mejor para ella”, de Mar Coll, cun pase doble ás 18.00 e ás 20.30h. O filme resultou gañador nas categorías de Mellor Protagonista Feminina (Nora Navas) e Mellor Actriz Secundaria (Clara Segura).
Ás sesións acudiron unha media de 70 persoas. A entrada a tódalas sesións foi gratuíta. A entrada, coma ven sendo habitual, foi de balde.