A PELÍCULA THE ARTIST LEVA O PREMIO DO PÚBLICO EN CINEUROPA 2011

9 / 12 / 2011

A película francesa The Artist, de Michel Hazanavicius, obtivo o premio do público na 25ª edición do Festival Cineuropa de Santiago de Compostela, que se celebrou na capital galega do 9 de novembro ao 2 de decembro. O evento recibiu 33.710 espectadores, un 6% máis que en 2010. Cineuropa concíbese como un “festival de festivais”, xa que reúne o mellor do cine visto nos grandes certames cinematográficos internacionais ao longo da tempada. Este ano exhibiu unhas 150 películas. 18 delas, de produción europea, formaban parte dunha sección oficial na que optaban a un premio do público, sen dotación económica. Dito galardón foi para a película francesa The Artist, de Michel Hazanavicius, cunha puntuación media de 8,46 puntos. Seguírona a tamén gala Las nieves del Kilimanjaro, de Robert Guédiguian, con 8,20 puntos, a británica Jane Eyre, de Cary Fukunaga, con 7,88 puntos, e a francesa La guerra est déclarée, de Valérie Donzelli, con 7,77 puntos.

Na sección “Panorama Internacional”, a obra máis valorada polo respectable, con 8,67 puntos, foi Et maintenan on va où?, da libanesa Nadine Labaki, seguida da arxentina El estudiante, de Santiago Mitre, con 8,54; na sección “Mundo Asia”, Under the Hawthorne Tree, do chino Zhang Yimou, con 8,06 puntos; e en “Conexión Buenos Aires”, Velódromo, del chileno Alberto Fuguet, con 5,89 puntos. O evento que organiza a Concellaría de Cultura del Concello volveu contar co apoio do público, xa que rexistrou 33.710 espectadores, un 6% máis que en 2010. O evento entregou nesta edición sendos premios Cineuropa honoríficos á actriz Aitana Sánchez-Gijón e ao cantante e compositor Jorge Drexler.

Categoría: Novas
Etiquetas: