A última produción do director Pedro Olea, Premio Cidade de Ourense 2013, será a encargada de abrir a programación do 18OUFF. La conspiración, un telefilme que repasa os días previos ao alzamento golpista do 36 aos ollos do xeneral Mola, conta con guión de Elías Querejeta e ten un reparto encabezado por Antonio Morón no que tamén poderemos ver a Jorge Sanz, Álex Angulo, Iñaki Miramón ou Alicia Borrachero, entre outros.
La conspiración
DirectorPedro Olea. España 2012.
Sinopse | O xeneral Mola, apartado do servizo activo polo goberno da Segunda República, chega a Pamplona para tomar posesión do goberno militar d praza. Alí pon en marcha unha conspiración militar que desemboca nunha alocución radiofónica que anuncia o levantamento.
Para o peche, unha produción ourensá
A honra de pechar o festival, unha semana despois, será da produción ourensana MIR. Unha historia concibida polo realizador Gonzalo G. Palmeiro (autor de Ventanas en el Cuerpo) e rodada integramente na cidade de Ourense. No reparto aparecen Alba Gallego, Baroc Solla, Marta Casielles, Xián Bobillo e Mighuele Martínez.
MIR
Gonzalo G. Palmeiro. Galicia 2013
Sinopse | Dúas historias entrelazadas: a da estación espacial MIR (paz, en ruso) e a do colectivo dos MIR (Médico Interno Residente), ás súas inquedanzas perante a práctica hospitalaria e o percorrido pola súa formación especializada e o seu posterior futuro en tempos de crise. Rodada integramente en Ourense