Peche temporal da oficina da Academia Galega do Audiovisual e aprazamento das actividades

13 / 03 / 2020

Seguindo as indicacións do Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e o goberno do Estado en relación á epidemia do Covid-19, os centros cívicos de titularidade municipal permanecerán pechados desde o vindeiro luns 16 de marzo. Deste xeito, a oficina da Academia situada no Centro Sociocultural Ágora permanecerá pechada ao público ata novo aviso. 

A web e as redes sociais da Academia mantéñense operativas e informarán, puntualmente, de calquera novidade ou modificación. Así mesmo, o equipo da oficina estará dispoñible nos horarios habituais por teléfono ou correo electrónico. 

Dirección
direccion@academiagalegadoaudiovisual.gal I 669 821 441
Xerencia
gerencia@academiagalegadoaudiovisual.gal I 618 283 111
Comunicación
prensa@academiagalegadoaudiovisual.gal
Información Xeral
info@academiagalegadoaudiovisual.gal 

Categoría: Novas
Etiquetas: