PATRICIA MARCO ANALIZARÁ NO MPXA A ESTRATEXIA DE PROGRAMACIÓN DO GRUPO MEDIASET EN ESPAÑA

11 / 03 / 2014

A directora de antena de Mediaset España, Patricia Marco, estará o vindeiro 14 de marzo no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Marco explicará aos alumnos que é programar e como se constrúe unha grella. Ademais exporá as estratexias e os tipos de programación das diferentes franxas horarias. Na súa ponencia, a directora de antena de Mediaset España tamén detallará as posibilidades promocionais e de explotación de catálogo nunha estratexia multicanal, asi como da optimización do orzamento e da competencia.

No seu actual posto directivo, Patricia Marco ocúpase das áreas de Programación, Produción Allea, Marketing, Emisións e Promocións das canles de Mediaset España: Telecinco, Cuatro, FDF, LaSiete, Boing e Divinity. Dende a súa chegada ao grupo en 2003, encárgase tamén da Subdirección de Contidos de Atlas España e da Dirección de Programación de Telecinco. Licenciada en Económicas e Empresariales pola Universidade de La Laguna e MBA pola Escuela de Organización Industrial de Madrid, Marco foitambién directora de Marketing e de Marketing Estratégico de Antena 3 Televisión e asesora de Márketing en Kiss FM.

Categoría: Novas
Etiquetas: