Hoxe, luns 9 de xuño no Cineclube Padre Feijoo terá lugar a proxección de Holy Field, Holy War, de Lech Kowalski, ás 20.30 e 23h.
-HOLY FIELD, HOLY WAR-
Director: Lech Kowalski | Polonia-Francia, 2013 | 107′ | VOSe | Luns 9 | 20:30h – 23:00h |
Sinopse: Os pequenos agricultores do mundo están ameazados. A súa loita está lonxe do foco dos medios de comunicación. En Polonia, onde máis do 60% da superficie total está ocupada pola agricultura, xorden novas forzas que compiten pola terra: as contaminantes prospeccións de gas. Unha advertencia para tomar en serio.