PARAÍSO: ESPERANZA, ESTA TARDE NO CGAI

19 / 11 / 2013

Hoxe martes, día 19 de novembro ás 18 e 20.30h terán lugar os pases do filme Paraíso: esperanza para finalizar a trilogía Paraíso.

PARADIES: HOFFNUNG / PARAÍSO: ESPERANZA
(Austria-Alemaña-Francia , 2013)
Dirección: Ulrich Seidl. Guión: Veronika Franz e Ulrich Seidl. Produción: Ulrich Seidl Film Produktion GmbH, Tatfilm, Société Parisienne de Production, ORF Film/Fernseh-Abkommen, WDR/Arte, ARD Degeto Film e Arte France. Fotografía: Edward Lachman e Wolfgang Thaler. Intérpretes: Melanie Lenz, Vivian Bartsch. Duración: 91 minutos.
Terceira entrega dunha triloxía que retrata tres mulleres dunha mesma familia nas vacacións; tres mulleres na procura de felicidade. A terceira é Melanie, de trece anos e co seu primeiro amor. Entrementres a súa nai, Teresa, está de vacacións en Quenia (Paraíso: Amor) e a tía (Paraíso: Fe) dedica o tempo libre a evanxelizar, a rapaza asiste a un campamento en que unicamente hai rapaces e rapazas con problemas de sobrepeso. Entre as clases de ximnasia e os consellos dietéticos, as pelexas de almofadas e o seu primeiro cigarro, Melanie namórase do médico, un home 40 anos maior ca ela. A moza imaxinou un paraíso moi diferente.

Categoría: Novas
Etiquetas: